Austin, Texas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.2) (Bot: Engado: bi:Austin, Texas
m r2.7.1) (Bot: Modifico: ku:Austin (Teksas)
Liña 67: Liña 67:
[[ka:ოსტინი]]
[[ka:ოსტინი]]
[[ko:오스틴 (텍사스 주)]]
[[ko:오스틴 (텍사스 주)]]
[[ku:Austin (Texas)]]
[[ku:Austin (Teksas)]]
[[kw:Austin, Teksas]]
[[kw:Austin, Teksas]]
[[la:Austinopolis]]
[[la:Austinopolis]]

Revisión como estaba o 12 de agosto de 2011 ás 01:10

Modelo:CidadeUSA

Austin é unha cidade, capital do estado de Texas en Estados Unidos. Segundo datos do 2007 conta con 743.074 habitantes, o que a converte na decimosexta cidade dos Estados Unidos en poboación. Ademais das súas funcións como sede do goberno do estado, Austin é un centro comercial, fabril, docente e de convencións. Entre a súa produción, destacan os artigos de alta tecnoloxía, como equipos eléctricos, semiconductores e equipos informáticos. É a sede da Universidade de Texas en Austin (1883).

En 1730 misioneiros franciscanos estableceron tres misións temporais na zona, por entón ocupada por poboación autóctona dos grupos comanche, tonkawa e lipán. En 1838, asentouse neste lugar unha comunidade permanente á que se deu o nome de Waterloo. Ao ano seguinte esta comunidade incorporouse á República de Texas, sendo designada o seu capital e rebautizada en honra de Stephen F. Austin, considerado como 'o pai de Texas'. A maior parte dos texanos ansiaban separarse do territorio mexicano e aspiraban á unión cos Estados Unidos por razóns comerciais. En 1842, en tempos de Antonio López de Santa Anna, produciuse un incidente que obrigou a trasladar a capital a Houston, pero os cidadáns de Austin forzaron o regreso da capitalidade en 1844 cando a anexión de Texas era xa todo un feito.

Texas entrou na Unión (é dicir os Estados Unidos) en 1845 e Austin converteuse en capital do estado en 1850. Tras a Guerra de Secesión, o desenvolvemento económico de Austin viuse impulsado coa chegada do ferrocarril en 1871. Durante o século XX, Austin beneficiouse da utilización da enerxía hidroeléctrica e para regadío do río Colorado. Moitas empresas dedicadas á produción de artigos de alta tecnoloxía establecéronse na súa área metropolitana na década de 1970.

O Capitolio.


Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.

Nova York

Os Ánxeles

Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[1]


  1. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017