Salvador, Baía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: th:ซัลวาดอร์
LucienBOT (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: an:Salvador
Liña 66: Liña 66:


[[af:Salvador da Bahia]]
[[af:Salvador da Bahia]]
[[an:Salvador]]
[[ar:سالفادور (باهيا)]]
[[ar:سالفادور (باهيا)]]
[[be:Горад Сальвадор]]
[[be:Горад Сальвадор]]

Revisión como estaba o 11 de agosto de 2011 ás 03:23

Salvador
Estado Bahia
Superficie 313 km²
Poboación 2 714 119 (2006)
Densidade 8671,3/km²
Altitude 8 m sobre o nivel do mar
Latitude 12°58'15"S
Lonxitude 38°30'39"O
Distancia de Brasilia 1564 Km
Código postal (CEP) 40.020-000
Internet: http://www.pms.ba.gov.br
Alcalde (Prefeito) João Henrique Carneiro
Mapa da cidade no Brasil


Salvador é a capital do estado da Bahia e a terceira cidade do Brasil en tamaño de poboación. Tiña 2.443.107 habitantes según o Censo Demográfico 2000. Foi fundada en 1549 co nome de Cidade de São Salvador da Bahia de Todos os Santos. Foi a primeira capital do Brasil, de 1549 ata o 1763.

Clima

Salvador ten un clima tropical cálido, con choivas no inverno e no verán. As temperaturas mínimas no inverno poden descender ao redor de 20º C, e as máximas no verán roldan os 36º C. A brisa, proveniente do Océano Atlántico, mantén unha temperatura agradable ata nos días máis quentes de verán. A zona da cidade contigua á costa atlántica recibe fortes ventos que chegan dende o mar.

Economía

A cidade ten un desenvolvido comercio e servizos, un importante porto e unha zona industrial (Complexo Petroquímico de Camaçari) na súa rexión metropolitana.

Turismo

Pelourinho, área turistica no centro de Salvador.

Salvador ten como atraccións turísticas os seus edificios e monumentos históricos, como os da rexión do Pelourinho, e as súas praias.

Praias

Salvador ten numerosas praias ao longo da costa atlántica e da Bahía de Todos os Santos. As principais praias urbanas son Itapuã, Praia dos Artistas, e Porto da Barra. As praias da cidade atraen tanto aos habitantes locais como a turistas, principalmente debido á agradable temperatura da auga. Algunhas praias contan con restaurantes típicos situados sobre a area onde se preparan mariscos e diversas bebidas. Ademais, nas praias pódense atopar postos de "bahianas", onde se pode comer o acarajé, comida típica afro-brasileira á base de feixón e camarón.

Elevador Lacerda, en Salvador.

Páxina web

Prefeitura Municipal de Salvador consellería da cidade. En portugués.