Juan Luis Galiardo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Recat.
LucienBOT (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: en:Juan Luis Galiardo
Liña 229: Liña 229:
[[Categoría:Actores españois|Galiardo]]
[[Categoría:Actores españois|Galiardo]]


[[en:Juan Luis Galiardo]]
[[es:Juan Luis Galiardo]]
[[es:Juan Luis Galiardo]]

Revisión como estaba o 9 de agosto de 2011 ás 20:16

Juan Luis Galiardo, nado en San Roque (Cádiz) o 2 de marzo de 1940, é un actor español.

Trátase dun dos intérpretes españois de maior exoperiencia e prestixio.

Aínda que comezou en Madrid estudos de de Económicas e Ingeniería Agrónoma decide abandonalos para dedicarse á interpretación e titúlase na hoxe desaparecida Escola Oficial de Cine.

Debuta en cine en 1960, iniciando a partir de aí unha etapa como galán, na que quedaría encasillado durante os anos 60 e 70.

Xa nos 80 trabaja en México e ó seu regreso a España funda cuns amigos unha produtora, Penélope Films, desde a que xorden películas como El disputado voto del señor Cayo, de Antonio Giménez-Rico) ou a popular serie para televisión Turno de oficio, serie que bateu récords de audiencia no seu momento e que constitúe o seu traballo máis destacado en televisión xunto con outros como La Regenta, baseada na novela de Clarín, e Una gloria nacional, de Jaime de Armiñán entre outras.

Desde mediados dos 80 rompe co seu pasado de galán para interpretar todo tipo de papeis, tanto cómicos como dramáticos.

Ten traballado cos directores españois de maior prestixio, como é o caso de Carlos Saura, Luis García Berlanga, José Luis García Sánchez, Jaime de Armiñán, Antonio Mercero, José Luis Cuerda, Fernando Trueba, Pedro Lazaga, Antonio del Real ou Chumy Chúmez entre outros.

Tamén participou en multitude de proxectos a nivel internacional sendo dirixido por Charlton Heston, Ken Annakin, Enzo Castellari e Alberto Lattuada, ademais de traballar xunto a Sophia Loren, Silvana Pampanini, Geraldine Chaplin, Marisa Mell e Hildegarde Neil.

Tamén conta cunha extensa experiencia teatral.

No terreo persoal, estivo casado con Juana Prieto Martínez coa que tivo un fillo.

Películas

Televisión

Curtametraxes

Dobraxe

Premios

  • Premios Goya.

-2001: Mellor Actor Principal por Adiós con el corazón (1999), de José Luis García Sánchez.

-1990: Nominación a Mellor Actor de Reparto por El vuelo de la paloma (1989), de José Luis García Sánchez.

-2003: Nominación a Mellor Actor Principal por El Caballero Don Quijote (2002), de Manuel Gutiérrez Aragón .

  • Premios ACE.

-2003: Premio ó Mellor Actor por El Caballero Don Quijote (2002), de Manuel Gutiérrez Aragón .

  • Festival de Cine Español de Málaga

-2000: Premio ó Mellor Actor por Adiós con el corazón (1999), de José Luis García Sánchez.

  • Festival de Cine Hispano Miami

-1997: Premio ó Mellor Actor por Familia (1996), de Fernando León de Aranoa.

  • Fotogramas de Prata

-1997: Premio ó Mellor Actor de TV por Turno de oficio: Diez años después (1996).

-1987: Nominación ó Premio ó Mellor intérprete de televisión por Turno de oficio (1986).

  • Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos

-1969: Premio ó Mellor Actor por tódolos seus traballos nese ano.

-2003: Nominación a Mellor Actor por El Caballero Don Quijote (2002), de Manuel Gutiérrez Aragón.

Véxase tamén

Ligazóns externas