Friburgo, Suíza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Paradanta (conversa | contribucións)
Retiro marcador en uso
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
{{Outroshomónimos|Friburgo}}
{{Outroshomónimos|Friburgo}}
{{Cidade de Suíza
{{Cidade de Suíza

Revisión como estaba o 9 de agosto de 2011 ás 12:14

Modelo:Cidade de Suíza Friburgo é unha cidade de Suíza situada no cantón homónimo, do cal é a capital. Segundo datos do 2010 conta con 34.490 habitantes.

Xeografía

Está asentada sobre ambas ribeiras do río Saane, en plena Meseta Suíza, e constitúe un importante centro administrativo, económico e educativo do Röstrigraben, a fronteira entre a Suíza xermanófona e a francófona. A cidade vella esténdese sobre un outeiro de 100 m de ancho e que acada 40 m de altura sobre o val circundante.

Historia

Friburgo foi fundada en 1157 por Bertold IV, constituíndose inicalmente como unha cidade estado. Posteriormente, en 1277, sería vendida á casa dos Habsburgo coincidindo co inicio do seu desenvolvemento económico, capitaneado polo comercio e a industria téxtil e do coiro.

A unión de Friburgo á Antiga Confederación Suíza produciuse en 1481, coa cal logrou exercer unha longa influencia no catolicismo suízo.

Sufriu a invasión dos exércitos franceses comandados por Napoleón. En 1889 foi inaugurada a súa universidade.

Cultura

O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indudable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a Catedral de San Nicolás, cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta o casco vello. Construída en 1283, é de estilo gótico e está vencellada ao culto católico.

No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, ubicado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.









Véxase tamén

Outros artigos













Ligazóns externas