Robert Smith: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: uk:Роберт Сміт |
m r2.5.4) (Bot: Modifico: tr:Robert Smith (müzisyen) |
||
Liña 62: | Liña 62: | ||
[[sr:Роберт Смит (музичар)]] |
[[sr:Роберт Смит (музичар)]] |
||
[[sv:Robert Smith]] |
[[sv:Robert Smith]] |
||
[[tr:Robert Smith]] |
[[tr:Robert Smith (müzisyen)]] |
||
[[uk:Роберт Сміт]] |
[[uk:Роберт Сміт]] |
||
[[uz:Robert Smith]] |
[[uz:Robert Smith]] |
Revisión como estaba o 6 de agosto de 2011 ás 05:45
Robert Smith | |
---|---|
Nome completo | Robert James Smith |
Data nacemento | 21 de abril de 1959 (65 anos) |
Nado en | Blackpool, Inglaterra |
Cónxuxe | Mary Poole |
Ocupación | cantautor, guitarrista, cantante, produtor e teclista |
Instrumento(s) | guitarra, voz |
Relacionado con | The Cure, Siouxsie & the Banshees, Easy Cure, The Glove |
Tempo en activo | 1976 - actualidade |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Robert James Smith, nado en Blackpool o 21 de abril de 1959, é guitarrista, vocalista e compositor do grupo inglés de rock The Cure. É o seu líder e único membro permanente dende a formación da banda en 1976.
Smith toca, ademais da guitarra, o baixo de 6 cordas e os teclados. O seu peculiar e intrincado xeito de tocar a guitarra e o uso innovador dos efectos de flanger, chorus e phaser fixeron que fose considerado un guitarrista pioneiro no new wave e o indie rock. Robert tamén tocou na banda Siouxsie & the Banshees.
Biografía
Smith naceu en Blackpool (Lancashire). Criouse nunha familia católica de clase traballadora que se trasladou a Sussex. Estudou na Notre Dame Middle School e na St. Wilfrid's Comprehensive School en Crawley, e con 14 anos formou o seu primeiro grupo co seu irmán Richard e a súa irmá Janet.
Tivo a súa primeira guitarra eléctrica como regalo de Nadal e recibíu algunhas clases. Comezou a versionar cancións da época cos seus amigos Lol Tolhurst e Michael Dempsey. En outubro de 1976 a banda, chamada Malice e que xa contaba con Porl Thompson, comezou a ensaiar máis en serio e a realizar algún concerto. En xaneiro de 1977 a banda tomou o nome de "Easy Cure", e participou nun concurso de maquetas. Días máis tarde recibiron un telegrama onde lles convocaban para unha audición en Londres. Asinaron co selo Hansa, que finalmente rexeitou gravar o tema "Killing an Arab" e en agosto de 1978 reuníronse con Polydor, xa co nome The Cure, e naceu o seu primeiro álbum, Three Imaginary Boys.
Estética
Smith axudou a popularizar o estilo gótico coa súa imaxe habitual comosta por beizos pintados de vermello, pel pálida, o seu cabelo cardado negro, roupas tamén negras e zapatillas de deporte; unha estética que comezou a usar a principios dos anos 80.
As súas composicións para os primeiros álbums da banda centrábanse en temas como a depresión, a soidade e o illamento. O estado de ánimo sombrio deses traballos, xunto co seu comportamento no escenario, cementaron a imaxe gótica da banda.
A estética de The Cure pasou de sombría a psicodélica co seu álbum The Top. En 1986, Smith alterou a súa imaxe, aparecendo nos concertos e nas fotos promocionais co pelo curto de punta e vestindo polos.