Teodorico o Grande: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:تئودوریک بزرگ
Sz-iwbot (conversa | contribucións)
m r2.4.3) (bot Modificado: nds:Theoderik de Grote
Liña 81: Liña 81:
[[lv:Teodoriks Lielais]]
[[lv:Teodoriks Lielais]]
[[mn:Теодорик]]
[[mn:Теодорик]]
[[nds:Theoderich de Grote]]
[[nds:Theoderik de Grote]]
[[nl:Theodorik de Grote]]
[[nl:Theodorik de Grote]]
[[no:Teoderik den store]]
[[no:Teoderik den store]]

Revisión como estaba o 5 de agosto de 2011 ás 17:28

Teodorico o Grande (Dacia, 454 - Ravenna, 526). Rei dos ostrogodos (474-526). Fillo do caudillo ostrogodo Teodomiro, da liñaxe dos Amalos, foi enviado polo seu pai como refén á cidade de Constantinopla (actual Istambul), sendo un neno (462). Alí recibiu unha educación baseada na cultura grecolatina. Sucedeu en 474 ao seu pai, como líder dos ostrogodos.

Reino de Teodorico o Grande

Foi nomeado patricio e magister militum polo augusto Zenón, emperador de Oriente. Este en 488 cedeulle o goberno de Italia coa condición de vencer a Odoacro, rei dos hérulos que depuxera a Rómulo Augústulo, último emperador romano de Occidente (476). Teodorico penetrou na península itálica á fronte do seu pobo, cuxo número se estima nunhas cen mil persoas. Conseguiu ocupar Ravenna, onde finalmente morreu Odoacro (493).

Proclamouse rei de Italia (494) fixando a súa residencia en Ravenna e foi recoñecido como rex Italiae polo augusto Anastasio, emperador de Oriente, en 497, a quen debía unha teórica submisión. Mantivo as diferenzas entre os ostrogodos, de relixión ariana, que retiveron o poder militar, e os romanos, católicos, que concentraron o poder civil, dentro dun difícil equilibrio.

O Mausoleo de Teodorico en Ravenna

Teodorico considerábase herdeiro do mundo romano e por iso respectou as institucións imperiais rodeándose de conselleiros latinos, como Boecio e Casiodoro. Desexaba crear un imperio xermánico de Occidente, herdeiro do romano, que englobase a francos, vándalos, visigodos e ostrogodos. Con este obxectivo, realizou unha hábil política de alianzas matrimoniais entre a súa familia e os reis dos outros pobos xermánicos, que, aínda que non chegaría a materializar o seu soño, converteuno no principal soberano occidental da súa época.

En 511 interveu de forma decisiva na resolución da crise da monarquía visigoda, aberta a raíz da morte de Alarico II na batalla de Vouillé (507), derrotado polos francos. Depuxo ao usurpador Xesaleico e coroou ao seu neto Amalarico, fillo de Alarico e da súa filla Tindigota. Asumiu o goberno do reino visigodo como titor do seu neto, a quen colocou baixo a protección de Teudis, un dos seus xenerais. A rexencia mantívose ata a morte do monarca ostrogodo (526), cando Amalarico puido gobernar libremente ao seu pobo.

Favoreceu o desenvolvemento da agricultura e do comercio. Fixo de Ravenna, a súa capital, un destacado centro artístico e cultural fomentando o cultivo das artes e as letras.

Permitiu a coexistencia do catolicismo e do arianismo durante a maior parte do seu reinado, pero esta tolerancia finalizou nos últimos anos da súa vida, debido aos enfrontamentos co Papado e co Imperio Bizantino, que o levaron a encerrar e decapitar ao seu conselleiro Boecio (524) e a encarcerar ao papa Xoán I.

Deixou como sucesor ao seu neto, fillo da súa filla Amalasunta, falecendo o 30 de agosto do 526. O estalido dunha guerra civil permitiu ao emperador Xustiniano converter Italia nunha nova provincia bizantina e dispersar aos ostrogodos, que desapareceron como pobo (555).

Reino ostrogodo

Segue a:
Teodomiro
Teodorico o Grande
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Reino de Italia

Segue a:
Odoacro
Teodorico o Grande
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Reino visigodo

Segue a:
Xesaleico
Teodorico o Grande
Precede a:
{{{DESPOIS}}}

Modelo:Link FA