Linguas xermánicas: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: hi:जर्मैनी भाषा परिवार |
m r2.6.4) (Bot: Engado: frr:Germaans |
||
Liña 150: | Liña 150: | ||
[[fo:Germansk mál]] |
[[fo:Germansk mál]] |
||
[[fr:Langues germaniques]] |
[[fr:Langues germaniques]] |
||
[[frr:Germaans]] |
|||
[[fur:Lenghis gjermanichis]] |
[[fur:Lenghis gjermanichis]] |
||
[[fy:Germaanske talen]] |
[[fy:Germaanske talen]] |
Revisión como estaba o 5 de agosto de 2011 ás 02:59
Modelo:Linguas Indoeuropeas As linguas xermánicas son un grupo de linguas de orixe indoeuropea, faladas ao principio na rexión central nórdica de Europa. Comprende linguas actuais como o inglés, alemán, baixo alemán, neerlandés, danés, frisón, noruegués, sueco, islandés, feroés e elfdaliano. Tamén algunhas extintas como o gótico.
O protoxermánico, a antiga lingua derivada do indoeuropeo e antepasado de todas as linguas xermánicas, dividiuse -segundo a maioría dos lingüístas- en tres ramas: o xermánico setentrional ou nórdico, o xermánico occidental (ou meridional, para algúns autores) e o xermánico oriental, do que derivaron os idiomas góticos hoxe desaparecidos. Do nórdico naceron os modernos diasistemas islandés, noruegués, danés, sueco e gotlandés, este último case morto. Do xermánico occidental, naceron os diasistemas anglofrisóns (o inglés e o frisio), o baixo franco (neerlandés), o baixo saxón (chamado ás veces baixo alemán) e o (alto) alemán. Aquí abaixo pódese ver una clasificación non exhaustiva dos diasistemas xermánicos.
Xermánico occidental
Xermánico occidental continental
Diasistema (alto) alemán
- Alemán central
- Alemán central occidental (Alto alemán central franco):
- Alemán central oriental (Alto alemán central non franco):
- Alemán central de Transilvania
- Alemán central de Pensilvania
- Alemán central de transición (ou alemán superior)
- Alemán superior
- Alemán superior occidental (ou alemánico):
- Alemánico suabo
- Baixo alamánico
- Alemán colonieiro (Alamánico de Venezuela)
- Mittelalemannisch
- Alto alamánico
- Alamánico superior
- Alemán superior oriental (ou austro-bávaro):
- Alemán superior occidental (ou alemánico):
- Yídico ou Yídix (Chodigoalemán)
Diasistema Baixo saxón
Diasistema baixo franco
- Baixo franco en Europa
- Baixo franco en África do Sur
Xermánico occidental anglofrisio
Diasistema ánglico
Diasistema frisio
Xermánico setentrional
Xermánico setentrional occidental
Nórdico occidental insular
- Noruegués contemporáneo (Nynorsk)
Xermánico setentrional oriental
Diasistema danonoruegués
Diasistema sueco
Diasistema gotlandés
Xermánico oriental
Os idiomas xermánicos orientais son os idiomas extinguidos que falaban os antigos clans xermánicos orientais, dos que só o gótico está ben documentado.