Cera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Beeswax.jpg|thumb|Cera de abellas.]]
[[Ficheiro:Beeswax.jpg|thumb|Cera de abellas.]]
[[Ficheiro:cera miguelferig.jpg|thumb|right|A cera palmitato de miricilo da cera de abellas está formada pola esterificación do ácido palmítico co alcohol miricílico.]]
[[Ficheiro:cera miguelferig.jpg|thumb|right|A cera palmitato de miricilo da cera de abella está formada pola esterificación do ácido palmítico co alcohol miricílico.]]
As '''ceras''' son ésteres dos [[ácido graxo|ácidos graxos]] con [[alcohol|alcohois]] de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por [[éster|esterificación]] dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de [[abella]]. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a [[epiderme]] de foritos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de [[auga]] por [[evaporación]] nas plantas.

Revisión como estaba o 2 de agosto de 2011 ás 20:36

Cera de abellas.
A cera palmitato de miricilo da cera de abella está formada pola esterificación do ácido palmítico co alcohol miricílico.

As ceras son ésteres dos ácidos graxos con alcohois de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por esterificación dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de abella. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a epiderme de foritos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de auga por evaporación nas plantas.

Rol biolóxico das Ceras

  • Protección: debido ó seu carácter altamente hidrófobo, repelen a auga, e a nivel orgánico recobren certos tecidos dándolles consistencia e protección fronte á acción exterior, como lubricantes ou impermeabilizantes en pel, pelo e plumas de animais (lanolina, secreción sebácea, cerume do conduto auditivo); en follas e foritos de plantas. (cutina)
  • Estrutural: as ceras frecuentemente se encontran formando cubertas protectoras e impermeabilizantes, normalmente recubrindo as partes aéreas das plantas, flores ou foritos para repeler os parasitos e axudar a conservar a auga do vexetal. Unha aplicación ben coñecida da cera é a formación dos panais das abellas.

Usos da cera

Exvotos de cera de abellas.

Utilizouse tradicionalmente para facer velas, para iluminación, de gran calidade; para encerar madeiras e coiro, como conservante; para encerar teas, impermeabilizándoas. En cosmética, en forma de cremas ou de ungüentos, debido ás súas propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes de moitos dos seus compoñentes. Outra aplicación cosmética é como depilatorio, xa que o vello se adhire a ela e é máis doado de retirar, inda que doloroso.

Na antigüidade empregábase para cerrar os ocos das fiestras en inverno.

A cera tamén é unha sustancia graxa segregada por glándulas polas abellas obreiras xoves. Con ela fan os panais e cerran as súas celas cando están cheas de mel.

Amais, é unha substancia amarelenta segregada por unha glándula que temos os seres humanos nos oídos.