Adelaida: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Engado: my:အက်ဒလိတ်မြို့ |
m r2.7.1) (Bot: Engado: ml:അഡിലെയ്ഡ് |
||
Liña 89: | Liña 89: | ||
[[lt:Adelaidė]] |
[[lt:Adelaidė]] |
||
[[lv:Adelaida]] |
[[lv:Adelaida]] |
||
[[ml:അഡിലെയ്ഡ്]] |
|||
[[mr:अॅडलेड]] |
[[mr:अॅडलेड]] |
||
[[ms:Adelaide]] |
[[ms:Adelaide]] |
Revisión como estaba o 1 de agosto de 2011 ás 12:17
Adelaida (en inglés: Adelaide) é a quinta maior cidade de Australia, sendo capital e a cidade máis poboada do estado de Australia Meridional, cunha poboación de máis de 1.200.000 habitantes.
É unha cidade costeira situada na parte sur do océano Pacífico nos Altos de Adelaide, ao norte da península de Fleurieu, entre o golfo de San Vicente e as Montañas Lofty Ranges. É unha cidade bastante lineal. Adelaida está considerada como a terceira cidade de importancia en Australia, por detrás de Sydney e a capital, Canberra.
Xeografía
- Altitude: 65 metros.
- Latitude: 34º 55' 59" S
- Lonxitude: 138º 36' 00" E
Historia
O territorio onde se asenta a cidade actual foi o fogar do pobo Kaurna ata a chegada dos europeos. A provincia de Australia Sur foi oficialmente establecida o 28 de decembro de 1836, e a cidade foi fundada en 1837, e nomeada Adelaida en honra á Raíña Adelaida, a esposa do Rei Guillerme IV de Inglaterra. O coronel William Light, un dos "pais" da formación da cidade, deseñou a cidade e a súa localización estratéxica, cerca do río Torrens. Light deseñou Adelaida con grandes espazos, grandes prazas e parques e edificios fermosos.
Adelaida axiña se converteu na cidade das liberdades[Cómpre referencia], con liberdade de elixir relixión, progresismo político e liberdades civís, que liderou as grandes reformas mundiais. Hoxe en día, Adelaide é coñecida como a cidade da cultura en Australia, con moitos festivais, teatros... así como o viño da rexión, arte e deportes.
Centro dunha colonia pensada para inmigrantes libres, baseada na liberdade de relixión, atraeu a inmigrantes alemáns, xa no ano 1840 a cidade tiña 6.500 habitantes.
Economía
Adelaida é o centro gobernativo, comercial e cultural de Sur Australia. Adelaida é o sitio de moitos gobernos e empresas financeiras. Moitos destas empresas e traballos concéntranse no centro da cidade, desde o Boulevard Cultural de North Terrace ata os distritos financeiros da cidade.
A economía está baseada na industrias (materiais de construción, manufactura de compoñentes eléctricos, fabricación de automóbiles e refinado de petróleo). Produce cereais, la, froita e viño.
Cultura
O seu urbanismo foi moi coidado, cos distritos residenciais separados da área comercial polo río Torrens. Destacan amplas rúas como King Willian e North Terrace, e belísimos edificios como o do Parlamento, a sede do Goberno, a Catedral Católica, as universidades, o Observatorio, o Museo e a Galería de Arte.
Medios de Comunicación
Conta con 6 canles de televisión, 9 estacións de radio e 2 xornais.
Lingua
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Adelaida |