Josep Lluís Sert: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxos
arranxo
Liña 14: Liña 14:
Cofundador do [[GATCPAC]] (Grup d'Arquitectes i Tècnics Catalans per al Progrés de l'Arquitectura Contemporània), no ano [[1941]], emigrou para os [[Estados Unidos]], onde creou, xunto outros arquitectos o ''Town Planning Associates'' (Asociación de Planificación Urbana), obradoiro de arquitectura que proxectou diversos planos urbanísticos, entre os cales, un plano piloto para a cidade da [[Habana]], [[Cuba]].
Cofundador do [[GATCPAC]] (Grup d'Arquitectes i Tècnics Catalans per al Progrés de l'Arquitectura Contemporània), no ano [[1941]], emigrou para os [[Estados Unidos]], onde creou, xunto outros arquitectos o ''Town Planning Associates'' (Asociación de Planificación Urbana), obradoiro de arquitectura que proxectou diversos planos urbanísticos, entre os cales, un plano piloto para a cidade da [[Habana]], [[Cuba]].


Profesor de Arquitectura na [[Universidade de Yale]], no ano [[1953]] foi nomeado decano da Escola de Deseño da [[Universidade Harvard]], cargo que exercería até fins do ano [[1969]]. En [[1955]] abriu un novo despacho de arquitectura con diversos socios, que realizou numerosos proxectos nos Estados Unidos, tanto de tipo comercial, como residencial, institucional e incluso para oficinas. No entorno da Universidade de Harvard deseñou diversos edificios que forman parte das súas obras máis representativas e nas que se reflicte a atmosfera mediterránea, que Sert conservou nos seus deseños ao longo da súa vida profesional.
Profesor de Arquitectura na [[Universidade de Yale]], no ano [[1953]] foi nomeado decano da Escola de Deseño da [[Universidade Harvard]], cargo que exercería até fins do ano [[1969]]. En [[1955]] abriu un novo despacho de arquitectura con diversos socios, que realizou numerosos proxectos nos Estados Unidos, tanto de tipo comercial, como residencial, institucional e incluso para oficinas. No entorno da Universidade Harvard deseñou diversos edificios que forman parte das súas obras máis representativas e nas que se reflicte a atmosfera mediterránea, que Sert conservou nos seus deseños ao longo da súa vida profesional.


==Obras representativas==
==Obras representativas==

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2011 ás 19:33

Centro da Ciencia da Universidade Harvard, deseño de Josep Lluís Sert.

Josep Lluís Sert i López, nado en Barcelona o 1 de xuño de 1902 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1983, foi un arquitecto e urbanista catalán.

Biografía

Interesado desde ben novo pola obra do arquitecto Antoni Gaudí e pola do seu tío, o pintor Josep Maria Sert, estudaría na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona.

No ano 1976 foi galardoado con a Medalla de Ouro da Academia de Arquitectura de Francia, e no 1981 con a Medalla de Ouro da Arquitectura concedida polo Colexio de Arquitectos de España. O mesmo ano foi galardoado con a Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña.

O arquitecto

En 1926 viaxou a París, cidade onde coñeceu a obra de Le Corbusier. No ano seguinte incorporouse ao obradoiro de Le Corbusier, no cal colaborou varios anos, e co que realizou o Plano Macià para remodelar a cidade condal .

En 1930 comezou a proxectar os primeiros edificios, que reflectían xa a cor branca e a profusión lumínica, carácter eminentemente mediterráneo. Edificios, á vez, de clara tendencia racionalista, que eluden calquera ornamentación ou elemento innecesario. Desta época destacan o Dispensario Antituberculoso e un edificio na rúa Muntaner de Barcelona.

Cofundador do GATCPAC (Grup d'Arquitectes i Tècnics Catalans per al Progrés de l'Arquitectura Contemporània), no ano 1941, emigrou para os Estados Unidos, onde creou, xunto outros arquitectos o Town Planning Associates (Asociación de Planificación Urbana), obradoiro de arquitectura que proxectou diversos planos urbanísticos, entre os cales, un plano piloto para a cidade da Habana, Cuba.

Profesor de Arquitectura na Universidade de Yale, no ano 1953 foi nomeado decano da Escola de Deseño da Universidade Harvard, cargo que exercería até fins do ano 1969. En 1955 abriu un novo despacho de arquitectura con diversos socios, que realizou numerosos proxectos nos Estados Unidos, tanto de tipo comercial, como residencial, institucional e incluso para oficinas. No entorno da Universidade Harvard deseñou diversos edificios que forman parte das súas obras máis representativas e nas que se reflicte a atmosfera mediterránea, que Sert conservou nos seus deseños ao longo da súa vida profesional.

Obras representativas