Mariano Rajoy: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+cat
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: nl:Mariano Rajoy Brey
Liña 88: Liña 88:
[[hr:Mariano Rajoy]]
[[hr:Mariano Rajoy]]
[[it:Mariano Rajoy]]
[[it:Mariano Rajoy]]
[[nl:Mariano Rajoy]]
[[nl:Mariano Rajoy Brey]]
[[pl:Mariano Rajoy]]
[[pl:Mariano Rajoy]]
[[pt:Mariano Rajoy]]
[[pt:Mariano Rajoy]]

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2011 ás 08:09

Infotaula de personaMariano Rajoy Brey
Nome orixinal(es) Mariano Rajoy Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Santiago de Compostela
Cargos
Presidente do PP (2004 - Actualidade)
Secretario Xeral do PP (2003 - 2004)
Vicepresidente Primeiro do Goberno (2000 - 2003)
Ministro da Presidencia (2000 - 2001 e 2002 - 2003)
Portavoz do Goberno (2002- 2003)
Ministro do Interior (2001 - 2002)
Ministro de Educación e Cultura (1999 - 2000)
Ministro de Administracións Públicas (1996 - 1999)
Vicepresidente da Xunta de Galicia (1986 - 1987)
29º Presidente da Deputación de Pontevedra (1983 - 1986)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - licenciatura en Dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónRexistrador da propiedade
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata - maio de 2018 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElvira Fernández Balboa (1996–)
FillosMariano Rajoy Fernández, Juan Rajoy Fernández Editar o valor em Wikidata
PaisMariano Rajoy Sobredo Editar o valor em Wikidata  e Olga Brey López Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
31 de maio de 2018-1 de xuño de 2018Moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018 Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1775577 Facebook: Mariano-Rajoy-Brey-54212446406 Twitter: marianorajoy Dialnet: 53656 Editar o valor em Wikidata

Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego líder do Partido Popular, sucesor de José María Aznar e xefe do principal partido da oposición durante a VIII e IX Lexislatura de España.

Licenciado en Dereito, comezou a preparar as oposicións a Rexistrador da Propiedade no seu último ano de carreira. Con 24 anos converteuse no rexistrador mais novo de España.

Traxectoria

A política galega (1981 - 1991)

Decidiu entrar en política afiliándose en 1981 a Alianza Popular (actualmente Partido Popular). Conseguiu ser deputado tralas primeiras eleccións autonómicas galegas, que se celebraron o 20 de outubro dese mesmo ano. Nas eleccións municipais do 8 de maio de 1983 foi elixido concelleiro do Concello de Pontevedra e, conseguintemente tomou posesión da Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra. En 1986 obtivo un escano no Congreso dos Deputados como cabeza de lista por Pontevedra. Non obstante, Rajoy volveu para ocupar durante un ano a Vicepresidencia da Xunta de Galicia (1986 - 1987) tras a dimisión de Xosé Luís Barreiro. Continuou o seu ascenso alcanzando a Presidencia Provincial de Pontevedra de AP, onde se mantivo ata xullo de 1991, e a Secretaría Xeral do partido en Galicia, que dirixiu durante dous anos.

Rajoy é membro do Comité Executivo Nacional dende xaneiro de 1989, ano no que foi elixido deputado por Pontevedra e no que Alianza Popular pasou a chamarse Partido Popular.

Ministro do Goberno de Aznar (1996 - 2004)

Nas eleccións do 6 de xuño de 1993 renovou o seu escano no Congreso, algo que tamén fixo o 3 de marzo de 1996 (ano no que casou con Elvira Fernández Balboa), cando o seu partido logrou derrotar ó Partido Socialista Obrero Español de Felipe González, coa candidatura de José María Aznar.

O 5 de maio de 1996 foi nomeado Ministro de Administracións Públicas aprobándose baixo a súa estadía no cargo a Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado, LOFAGE (Lei 6/1997, de 14 de abril).

En xaneiro de 1999, Rajoy cedeu o seu posto a Ángel Acebes e substituíu a Esperanza Aguirre, que recibira fortes críticas pola súa xestión, sendo nomeado Ministro de Educación e Cultura. Baixo o súa estadía no cargo aprobáronse os novos plans de estudo da Formación Profesional. Ese mes foi reelixido Vicesecretario Xeral do partido no seu XIII Congreso.

Rajoy obtivo o encargo de dirixir a campaña electoral para as xerais do 2000. O seu éxito no labor, unido á pésima situación que atravesaba o PSOE de Joaquín Almunia, levou ó Partido Popular á maioría absoluta. Aznar recompensouno entón coa Vicepresidencia Primeira do Goberno e co Ministerio da Presidencia.

En febreiro de 2001, deixou de ser ministro da Presidencia para suceder en Interior a Jaime Mayor Oreja. Como responsable deste ministerio, Rajoy conseguiu importantes éxitos na loita contra a organización terrorista ETA[Cómpre referencia].

Rajoy cesou como ministro do Interior en xullo de 2002 para asumir as carteiras de Portavoz do Goberno e, de novo, ministro da Presidencia. Dende esa posición, tivo que afrontar as dúas maiores crises do período 1996 - 2003: o desastre causado polo afundimento do Prestige e o apoio de Aznar a George W. Bush durante a invasión a Iraq de 2003. Porén, para os seus seguidores, Rajoy saíu aparentemente ben de ambos problemas e o seu papel de "fontaneiro" da Moncloa foi decisivo para a súa designación como Secretario Xeral do PP e candidato á Presidencia o 30 de agosto de 2003.

As enquisas electorais augurábanlle unha vitoria doada (con ou sen maioría absoluta), pero os atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid, unidos á crecente falta de credibilidade do PP debido á manipulación da información en torno ós mesmos, fixeron que se quedase en 148 deputados, 35 menos que os conseguidos por Aznar en 2000, e amplamente superados polos 164 do seu rival e actual Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero.

Política na oposición (desde 2004)

Mariano Rajoy ocupa actualmente a Presidencia do Partido Popular. Dende o inicio da VIII Lexislatura de España, reclamou a Zapatero un pacto de Estado para consensuar o Modelo de Estado, pero este rexeitouno.

As súas críticas ó goberno actual téñense centrado na derrogación de planos do executivo anterior (Plan Hidrolóxico Nacional, LOCE), na política exterior, principalmente respecto á relación con Estados Unidos, na política inmigratoria e nas reformas estatutarias, especialmente a catalá, e na estratexia do Goberno para a solución do terrorismo vasco.

Distincións


Predecesor:
Federico Cifuentes Pérez
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1983 - 1986
Sucesor:
Fernando García del Valle


Predecesor:
Xosé Luís Barreiro
 
Vicepresidente da Xunta de Galicia
 
1986 - 1987
Sucesor:
Xosé Luís Barreiro


Predecesor:
Joan Lerma
 
Ministro de Administracións Públicas de España
 
1996 - 1999
Sucesor:
Ángel Acebes


Predecesor:
Esperanza Aguirre
 
Ministro de Educación e Cultura de España
 
1999 - 2000
Sucesor:
Pilar del Castillo


Predecesor:
Francisco Álvarez-Cascos
 
Vicepresidente Primeiro do Goberno de España
 
2000 - 2003
Sucesor:
Rodrigo Rato


Predecesor:
Francisco Álvarez-Cascos
 
Ministro da Presidencia de España
 
2000 - 2001
Sucesor:
Juan José Lucas


Predecesor:
Jaime Mayor Oreja
 
Ministro do Interior de España
 
2001 - 2002
Sucesor:
Ángel Acebes


Predecesor:
Juan José Lucas
 
Ministro da Presidencia de España
 
2002 - 2003
Sucesor:
Javier Arenas


Predecesor:
Pío Cabanillas Alonso
 
Portavoz do Goberno de España
 
2002 - 2003
Sucesor:
Eduardo Zaplana


Predecesor:
Javier Arenas
 Secretario Xeral do Partido Popular 
2003 - 2004
Sucesor:
Ángel Acebes


Predecesor:
José María Aznar
 Presidente do Partido Popular 
2004 - Actualidade
Sucesor:
No cargo

Véxase tamén