Mariña de Augas Santas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
 
corrixo dato segundo es:Marina de Aguas Santas
Liña 4: Liña 4:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
A súa vida mistura [[lenda]] e feitos que poderían ser reais. Segundo a tradición, naceu en Balcagia (actual [[Baiona]]) cara ao [[119]], sendo filla de Lucio Castelio Severo gobernador [[imperio romano|romano]] da [[Gallaecia]] e [[Lusitania]]) e da súa esposa Calsia. Esta tivo nove fillas nun só parto mentres o seu marido estaba fóra en campaña; temerosa de ser acusada de [[infidelidade]] (pensábase que os nacementos múltiples eran debidos á [[concupiscencia]] da [[muller]]), quixo desfacerse des nenas e deullas á súa criada Sila para que as afogase no [[río Miño]].
A súa vida mistura [[lenda]] e feitos que poderían ser reais. Segundo a tradición, naceu en Balcagia (actual [[Baiona]]) cara ao [[119]], sendo filla de Lucio Castelio Severo gobernador [[imperio romano|romano]] da [[Gallaecia]] e [[Lusitania]]) e da súa esposa Calsia. Esta tivo nove fillas nun só parto mentres o seu marido estaba fóra en campaña; temerosa de ser acusada de [[infidelidade]] (pensábase que os nacementos múltiples eran debidos á [[concupiscencia]] da [[muller]]), quixo desfacerse des nenas e deullas á súa criada Sila para que as afogase no [[río Miñor]].


Sila, cristiá, non quixo matalas e deixounas en casas de familias cristiás amigas, sendo [[bautizo|bautizadas]] polo bispo [[Ovidio de Braga]], e creceron como cristiás nunha época en que esta relixión aínda era perseguida.
Sila, cristiá, non quixo matalas e deixounas en casas de familias cristiás amigas, sendo [[bautizo|bautizadas]] polo bispo [[Ovidio de Braga]], e creceron como cristiás nunha época en que esta relixión aínda era perseguida.

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2011 ás 08:59

Santa Mariña, pintura de Francisco de Zurbarán (s. XVII).

Mariña de Augas Santas foi unha muller mártir do cristianismo, probablemente lendaria, venerada como santa pola igrexa católica, que celebra a súa festa o 18 de xullo.

Traxectoria

A súa vida mistura lenda e feitos que poderían ser reais. Segundo a tradición, naceu en Balcagia (actual Baiona) cara ao 119, sendo filla de Lucio Castelio Severo gobernador romano da Gallaecia e Lusitania) e da súa esposa Calsia. Esta tivo nove fillas nun só parto mentres o seu marido estaba fóra en campaña; temerosa de ser acusada de infidelidade (pensábase que os nacementos múltiples eran debidos á concupiscencia da muller), quixo desfacerse des nenas e deullas á súa criada Sila para que as afogase no río Miñor.

Sila, cristiá, non quixo matalas e deixounas en casas de familias cristiás amigas, sendo bautizadas polo bispo Ovidio de Braga, e creceron como cristiás nunha época en que esta relixión aínda era perseguida.

De grandes foron acusadas diante do seu pai. Cando Severo se decatou de que eran as súas fillas, convidounas a abxurar do cristianismo e levar unha vida regalada con el. Ao ser negaren foron feitas presas. Fuxiron cada unha a un lugar, morrendo todas como mártires (entre elas tamén Quiteria e Liberata). Mariña foi decapitada o 18 de xaneiro de 139. No lugar da súa morte naceron tres mananciais, na parroquia de Augas Santas (Allariz).