Bertha von Suttner: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
adaptado desde ca:Bertha von Suttner
 
+ iw; arranxiño
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Nobel prize medal.svg|right|50px]]
[[Ficheiro:Nobel prize medal.svg|right|50px]]
[[Ficheiro:Bertha-von-Suttner-1906.jpg|thumb|dereita|150pxBertha von Suttner en 1906.]]
[[Ficheiro:Bertha-von-Suttner-1906.jpg|thumb|dereita|150px|Bertha von Suttner en 1906.]]


'''Bertha Felicitas Sophie''', nada co nome de '''Kinsky von Chinic und Tettau''' en [[Praga - Praha|Praha]] o [[9 de xuño]] de [[1843]] e finada en [[Viena]] o [[21 de xuño]] de [[1914]], foi unha [[pacifismo|pacifista]] e escritora [[Imperio austrohúngaro|austrohúngara]].
'''Bertha Felicitas Sophie''', nada co nome de '''Kinsky von Chinic und Tettau''' en [[Praga - Praha|Praha]] o [[9 de xuño]] de [[1843]] e finada en [[Viena]] o [[21 de xuño]] de [[1914]], foi unha [[pacifismo|pacifista]] e escritora [[Imperio austrohúngaro|austrohúngara]].
Liña 31: Liña 31:
[[en:Bertha von Suttner]]
[[en:Bertha von Suttner]]
[[eo:Bertha von Suttner]]
[[eo:Bertha von Suttner]]
[[es:Bertha von Suttner]]
[[et:Bertha von Suttner]]
[[et:Bertha von Suttner]]
[[fi:Bertha von Suttner]]
[[fi:Bertha von Suttner]]

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2011 ás 00:17

Bertha von Suttner en 1906.

Bertha Felicitas Sophie, nada co nome de Kinsky von Chinic und Tettau en Praha o 9 de xuño de 1843 e finada en Viena o 21 de xuño de 1914, foi unha pacifista e escritora austrohúngara.

Traxectoria

Foi filla do conde Franz Kinsky von Wchinitz und Tettau e de Sophie von Körner. Naceu sendo xa orfa de pai, sendo este mariscal de campo e conselleiro do imperio austrohúngaro. En 1876 casou co escritor e nobre Arthur Von Suttner. Xa casada, estudou música e literatura; a parella viaxou extensamente, abandonando a súa residencia vienesa para trasladarse a París, regresando definitivamente a Austria en 1885.

En 1889 publicou a novela Die Waffen nieder!, traducida a diversas linguas convertida axiña nun clásico do movemento pacifista internacional. Editou unha revista pacifista internacional co mesmo título. Outras publicacións que reflicten o seu ideal foron Das Maschinenzeitaler (onde critica os nacionalismos radicais e o armamento) e Inventarium einer Seele (onde se percebe a influencia de H. T. Buckle, Herbert Spencer e Charles Darwin).

Von Suttner foi unha das máis destacadas figuras do movemento internacional pola paz, difundindo a idea en numerosas conferencias en toda Europa, e creando unha asociación para promovela en Austria. En 1905 recibiu o premio Nobel da Paz, se ben pénsase que parte da decisión puido deberse á súa relación de secretaria e amiga de Alfred Nobel. Faleceu pouco antes de comezar a Primeira Guerra Mundial.