Alexander Mostovoi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
corrixo
Krisko (conversa | contribucións)
Liña 65: Liña 65:


=== Celta de Vigo ===
=== Celta de Vigo ===
Fichou polo [[Celta de Vigo]] na tempada 96/97 procedente do [[Racing Club de Strasbourg|Estrasburgo]]. O Celta pagou polo traspaso 325 millóns de pesetas (1,950,000€ aprox.) Debutou contra o Betis nun partido que os celestes gañaron por 2-0. Militou oito tempadas no Celta, xogando 255 partidos de liga nos que anotou 55 goles. En competicións europeas apareceu nun total de 35 partidos,anotando 12 tantos.
Fichou polo [[Celta de Vigo]] na tempada 1996–97 procedente do [[Racing Club de Strasbourg|Estrasburgo]]. O Celta pagou polo traspaso 325 millóns de [[peseta]]s (1.950.000 € aprox.), debutando contra o [[Real Betis]] nun partido que gañaron os celestes (2–0). Militou oito tempadas no Celta, xogando 255 partidos de liga nos que anotou 55 goles. En competicións europeas apareceu nun total de 35 partidos, anotando 12 tantos.


=== Expulsión da Selección ===
=== Expulsión da Selección ===

Revisión como estaba o 24 de xullo de 2011 ás 12:57

Modelo:InfFut2 Aleksandr Vladimirovich Mostovoi (en ruso: Александр Владимирович Мостовой), nado en Lomonosov o 22 de agosto de 1968, é un ex futbolista ruso. Xogaba de centrocampista e pasou a maior parte da súa carreira no Celta de Vigo.

Biografía

Militou no Spartak Moscova, en dous equipos franceses, o Caen e o Estrasburgo, no Benfica de Lisboa e, oito campañas, no Celta de Vigo onde rendeu a un nivel excepcional e gañou o alcume de "O Tsar de Balaídos".

No seu palmarés hai dúas ligas rusas, e unha liga e unha copa lusas. Da súa época no Celta de Vigo; destaca o seu temperamento e carácter gañador, que lle fixo vivir episodios polémicos. Alí, gañou a Copa Intertoto de 2000. É considerado o mellor xogador da historia do Celta de Vigo.

Celta de Vigo

Fichou polo Celta de Vigo na tempada 1996–97 procedente do Estrasburgo. O Celta pagou polo traspaso 325 millóns de pesetas (1.950.000 € aprox.), debutando contra o Real Betis nun partido que gañaron os celestes (2–0). Militou oito tempadas no Celta, xogando 255 partidos de liga nos que anotou 55 goles. En competicións europeas apareceu nun total de 35 partidos, anotando 12 tantos.

Expulsión da Selección

Na Eurocopa de fútbol 2004 Mostovoi foi expulsado da Selección de fútbol de Rusia polo seleccionador ruso Gueorgui Yártsev. Rusia perdera 1-0 contra España, á conclusión do partido Mostovoi fixo unhas declaracións nas que criticaba os métodos de preparación do equipo para a Eurocopa.

Fichaxe polo Alavés

Despois de estar sete meses sen xogar e con 36 años, en marzo de 2005 Mostovoi asina un contrato con Dmitry Piterman que o vincula co Deportivo Alavés ata final de temporada.

O seu primeiro e único partido no Alavés foi contra o Cádiz CF no que entrou no minuto 78 e nos doce que restaban máis os cinco de prolongación anotou o único gol do equipo no enfrontamento e estivo a piques de marcar o segundo coa testa, unha acción que tería suposto o empate (2–2). Finalmente, o Alavés perdeu ese encontro (1–3). O ruso, despois de preto de 30 días no equipo, fixo saber ós responsables do club a súa intención de abandonar o equipo alegando problemas de espalda.

Selección nacional

Foi internacional en 65 ocasiones. Xogando 15 partidos coa Selección de fútbol da Unión Soviética e os outros 50 coa Selección de fútbol de Rusia. O seu derradeiro partido coa seleción xogouno na Eurocopa del 2004 no cal perdeu 1-0 contra España.

Participacións en Copas do Mundo

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 1994 Estados Unidos Primeira fase

Participacións en Eurocopas

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa de fútbol 1996 Inglaterra Primeira fase
Eurocopa de fútbol 2004 Portugal Primeira fase

Palmarés

Campionatos nacionais

Título Clube País Ano
Liga da URSS Spartak de Moscú Rusia 1987
Liga da URSS Spartak de Moscú Rusia 1989
SuperLiga Benfica Portugal 1994
Copa portuguesa Benfica Portugal 1992

Véxase tamén

Ligazóns externas