Radio (óso): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: ro:Radius
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: kk:Кәрі жілік
Liña 66: Liña 66:
[[it:Radio (anatomia)]]
[[it:Radio (anatomia)]]
[[ja:橈骨]]
[[ja:橈骨]]
[[kk:Кәрі жілік]]
[[ko:노뼈]]
[[ko:노뼈]]
[[la:Radius (anatomia)]]
[[la:Radius (anatomia)]]

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2011 ás 07:56

Radio
Extremidade superior
O radio é o número1

O radio é o óso externo do antebrazo. Trátase dun óso longo. O radio humano ten a seguinte estrutura:

Estrutura

  • Epífise superior: contén unha cúpula, un pescozo e unha tuberosidade. A cúpula artéllase co cóndilo umeral, o pescozo está rodeado polo ligamento anular (que provén do cúbito) e na tuberosidade insírese o bíceps braquial.
  • Diáfise: presenta tres superficies e tres bordos:
    • Superficie anterior: insírese o flexor longo do primeiro dedo. Por debaixo atópase o burato nutricio do óso e no terzo inferior o pronador cadrado.
    • Superficie posterior: insírense o abdutor e extensor longos do primeiro dedo. Na parte máis externa áchanse as febras de inserción do supinador curto.
    • Superficie externa: insírense o supinador curto e pronador redondo.
    • Bordo interno: insírese a membrana interósea.
    • Bordo antero-externo e antero-interno.
  • Epífise inferior: é dunha superficie moito maior ca da epífise superior. Presenta seis superficies:
    • Superficie superior: continúase co resto do óso.
    • Superficie inferior: artéllase co escafoide e co semilunar. Entre as dúas superficies articulares hai un relevo: crista radio-escafo-lunar.
    • Superficie anterior: insírese o pronador cadrado.
    • Superficie posterior: consta de dúas zonas de paso:
    • Superficie interna: artéllase co cúbito.
    • Superficie externa: continúase coa apófise estiloide, na que se insire o supinador longo.

Articulacións

Artigo principal: Cóbado Artigo principal: Articulacións radiocubitais

  • Co úmero, formando parte do cóbado.
  • Co cúbito, formando as articulacións radio-cubitais.

Funcións

  • Sostén
  • Pronación e supinación, grazas aos músculos: supinador longo, curto, bíceps braquial, pronador redondo e pronador cadrado.