As Marcas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: pnb:مارچے
m r2.7.1) (Bot: Elimino: pnb:مارچے
Liña 97: Liña 97:
[[pl:Marche]]
[[pl:Marche]]
[[pms:Marche]]
[[pms:Marche]]
[[pnb:مارچے]]
[[pt:Marcas]]
[[pt:Marcas]]
[[ro:Marche]]
[[ro:Marche]]

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2011 ás 05:31

Ascoli Piceno (Marcas)

Marche ou As Marcas (en italiano Marche) é unha rexión da Italia central de 1.536.098 habitantes, con capital en Ancona. Limita coa Emilia-Romaña, a República de San Marino, a Toscana, a Umbria, o Abruzzo, o Lazio e o mar Adriático.

Características

Economía

A economía marquesana está constituída maiormente por unha florecente pequena e media industria altamente especializada e distribuída de xeito regulas por todo o seu territorio, aínda que concentrada sobre todo no litoral e nos vales. Entre os sectores máis relevante, cabe destacar a industria do calzado, en numerosos centros das provincias de Macerata, Fermo e Ascoli Piceno, a industria mobiliaria e mecánica en Pesaro, a mecánica e vitivinícola de Castelli di Jesi, patria do viño Verdicchio, a grande industria naval de Fano e Ancona, electrodomésticos en Fabriano e a turística, cada vez máis importante debido á proliferación de centros balnearios e artísticos por toda a rexión, que atraen visitantes de toda Italia e Europa.

Subdivisión administrativa

As provincias das Marcas

As Marcas están divididan en cinco provincias:

Provincia Concellos
Ancona 49
Ascoli Piceno 33
Fermo 40
Macerata 57
Pesaro e Urbino 67