Río Dniéper: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m r2.6.5) (bot Modificado: cu:Дънѣпръ
m r2.7.1) (Bot: Modifico: mr:द्नीपर नदी
Liña 124: Liña 124:
[[lv:Dņepra]]
[[lv:Dņepra]]
[[mk:Дњепар]]
[[mk:Дњепар]]
[[mr:ड्नाइपर नदी]]
[[mr:द्नीपर नदी]]
[[mrj:Днепр]]
[[mrj:Днепр]]
[[nl:Dnjepr (rivier)]]
[[nl:Dnjepr (rivier)]]

Revisión como estaba o 19 de xullo de 2011 ás 21:37

Modelo:Rio

Mapa da conca do Dniepr

O Dniepr ou Dniéper (en ruso: Днепр/Dnepr; en bielorruso: Дняпро/Dnyapro, en ucraíno: Дніпро/Dnipro) é un río con 2.290 km de percurso (o cuarto en Europa logo do Volga, o Danubio e o Ural).

Percorrido

O Dniepr nace no altiplano de Valdai (Rusia occidental), para entrar despois en Bielorrusia; foi logo, durante 115 km, de fronteira natural entre Bielorrusia e Ucraína, para por fin facer o resto do seu curso através da Ucraina, na cal baña a capital, Kiev. Ao longo dos tres países mantén esencialmente o mesmo nome, aínda que con pequenas variantes gráficas e de pronunciación.

O Dniepr desauga no Mar Negro cun longo estuario, non lonxe da cidade de Odessa, a occidente da península de Crimea. O seu caudal medio na foz é de 1.670 m³/s.

A conca hdrográfica do Dniepr abranxe unha área de 516.000 km², unha superficie maior que a de España, o que a torna na terceira en Europa, despois das do Volga e do Danubio.

Explotación económica

Nos últimos 800 km do río está regulado por unha serie de grandes encoros. Estes encoros son: o de Kiev (Kyivs'ke) (922 km²), o de Kaniv (582 km²), o de Kremenchuk (2252 km²), o encoro de Dniprodzerzhin (567 km²), o de Zaporiz (410 km²) e o de Kakhov (2155 km²). As presas destes encoros son utilizados para producir enerxía hidroeléctrica, que representa sobre do 10% electricidade xerada en Ucraína.

Nome e historia

O río Dniepr é mencionado polo grego Herodoto no Século V a.C. como Borysthenesfin. Os historiadores romanos denominárono Danaper. O vello nome usado na época medieval, cando do Rus' de Kiev, era Slavutich.

O Dniepr foi de sempre a principal vía de comunicación nesta zona, facilitando as comunicacións entre o Mar Negro e o mar Báltico. A través desta ruta fluvial, viquingos e polacos, se moveron cara o sur.

O Dniepr foi, durante a última guerra mundial, o eixo da "liña Stalin", escenario de duros combates entre os exércitos alemáns e soviéticos.

Cidades ás beiras do Dniepr

Desde o seu nacemento até a desembocadura temos entre as cidades principais erguidas as súas orelas:

Afluentes do Dniepr

Destacan entre os tributarios máis importantes do Dniepr en orde desde a fonte:


Recoñecementos

Este artigo é unha versión do correspondente da Wikipedia en italiano.