Balanza comercial: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: mk:Трговски биланс |
m r2.7.1) (Bot: Engado: az:Ticarət balansı |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
[[ar:ميزان تجاري]] |
[[ar:ميزان تجاري]] |
||
[[az:Ticarət balansı]] |
|||
[[cs:Obchodní bilance]] |
[[cs:Obchodní bilance]] |
||
[[da:Handelsbalance]] |
[[da:Handelsbalance]] |
Revisión como estaba o 19 de xullo de 2011 ás 11:46
A balanza comercial é o rexistro das importacións e exportacións dun país durante un período. O saldo da mesma é a diferenza entre exportacións e importacións. As importacións son as compras que os cidadáns, as empresas ou o goberno dun país fan de bens e servizos que se producen noutros países e que se traen desde esos utros países a el. As exportacións son os bens e servizos que se producen no país e que se venden e envían a clientes doutros países.
Tipos
Hai dous tipos:
- Positiva: Cando o valor das compras é menor que o das vendas.(Vendes máis que compras)
- Negativa: Cando o valor das vendas é menor que o das compras. ( Compras e non vendes todo)
Saldo Balanza comercial = Exportacións - Importacións
O saldo da balanza comercial defínese como a diferenza que existe entre o total das exportacións menos o total das importacións que levan a cabo no país.É a diferenza entre os bens que un país vende ao exterior e os que compra a outros países.
Esta diferenza, segundo cales sexan as importacións e as exportacións nun momento determinado, podería ser positiva (o cal denomínase superávit comercial) ou negativa (o cal denomínase déficit comercial).
Dise que existe un déficit cando unha cantidade é menor a outra coa cal compárarse. Polo tanto podemos dicir que hai déficit comercial cando a cantidade de bens e servizos que un país exporta é menor que a cantidade de bens que importa. Pola contra, un superávit comercial implica que a cantidade de bens e servizos que un país exporta é maior á cantidade de bens que importa.