No Wave: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: da:No Wave
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: ru:Ноу-вейв
Liña 41: Liña 41:
[[pt:No Wave]]
[[pt:No Wave]]
[[ro:No Wave]]
[[ro:No Wave]]
[[ru:No Wave]]
[[ru:Ноу-вейв]]
[[sv:No Wave]]
[[sv:No Wave]]
[[th:โนเวฟ]]
[[th:โนเวฟ]]

Revisión como estaba o 19 de xullo de 2011 ás 04:15

No Wave
Orixe musicalpunk rock, avant-garde
Orixe culturalanos 70 en New York
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, teclado, saxofón

O No Wave foi un xénero musical de curta vida pero moi influínte na música underground, cine, performance, video e a arte contemporánea que comezou a mediados dos anos 70 na cidade de New York. O termo No Wave é en parte un xogo de palabras satírico para rexeitar os elementos comerciais do entón popular xénero New Wave.

Características

En moitos aspectos o No Wave non é realmente un xénero musical cunhas determinadas características. Varios grupos colleron influenzas de moitos estilos coma o funk, jazz, blues, punk rock, avant garde e a música experimental. Hai, porén, algúns elementos comúns na meirande parte da música No Wave, coma un son atonal abrasivo, ritmos repetitivos, e unha tendencia a enfatizar as texturas musicais sobre a típica melodía. As letras do No Wave soen centrarse no nihilismo e a confrontación. No Wave adoita a ser definido mellor nos termos do ambiente artístico no cal prosperou (no centro da escea da arte minimalista) e no caracter das súas actuacións, típicas do seu contexto. As actuacións do No Wave baseábanse fortemente nas artes escénicas, e a miúdo eran un exemplo dun minimalismo moi teatral.

En 1978 celebrouse no New York’s Artists Space un encontro entre músicos noise influenciados polo punk rock, que permitíu a Brian Eno producir o álbum No New York. Esta gravación foi o primeiro intento de definir o son do xénero, documentando a The Contortions, Teenage Jesus and the Jerks, Mars e DNA.

O Noise Fest foi un influínte festival de art noise organizado por Thurston Moore de Sonic Youth no espazo de arte White Columns en xuño de 1981. Sonic Youth faría a súa primeira aparición en directo neste festival. Cada noite actuaban tres ou catro artistas, incluíndo Glenn Branca, Rhys Chatham, Jeffrey Lohn, Dog Eat Dog, Built on Guilt, Rudolph Grey, The Avant Squares, Mofungo, Red Decade, Robin Crutchfield's Dark Day, Ad Hoc Rock, Intense Molecular Activity, Smoking Section, Chinese Puzzle, Avoidance Behaviour e Sonic Youth.

O No Wave tivo unha importante influencia nas bandas noise e industriais formadas posteriormente, coma Big Black, Lev Six, Helmet e Live Skull. Theoretical Girls está fortemente influída pola primeira etapa de Sonic Youth, que emerxeu desta escena creando música que acadaría unha audiencia bastante ampla e o respeto da crítica. Tamén en bandas máis novas coma Liars, Ex Models, Neptune e Erase Errata pode verse unha importante influencia da escena No Wave.