Alcuíno de York: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: pms:Alcuin ëd York
mSen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
'''Flaccus Albinus Alcuin''' (''circa'' [[735]]-[[804]]), ou '''Alcuíno de York''', foi un monxe inglés e conselleiro de [[Carlomagno]]. Dedicouse durante moito tempo ao ensino e á escrita na escola de [[York]], en [[Inglaterra]], foi o principal conselleiro de [[Carlomagno]] en asuntos eclesiásticos e educativos e durante os últimos anos da súa vida foi [[abade]] do mosteiro de [[San Martiño de Tours]].

== Traxectoria ==
Recibiu a súa educación na escola catedralicia de York co seu mestre [[Ethelberto de York]], a quen acompañou a [[Roma]] na procura de manuscritos. Cando Ethelberto foi designado arcebispo de York, en [[766]], Alcuíno ocupou o seu lugar á cabeza da escola episcopal. Volveu outra volta a Roma en [[780]] para recoller o [[palio]] do arcebispo [[Eanbaldo I de York]] e en [[Parma]] coñeceu a Carlomagno, quen o convenceu para que o acompañase á súa corte e o puxo ao fronte das abadías de [[Ferrieres]] e [[Saint-Loup]], en [[Troyes]].

Liña 9: Liña 10:

Alcuíno escribiu moitas cartas, sobre todo a Arno, bispo de [[Salzburgo]] e a [[Carlomagno]]. Consérvanse 311, que mostran as súas meditacións [[pío|pías]], fornecen abondosa información sobre as condicións literarias e sociais da época e constitúen a autoridade máis fiábel para a historia do [[humanismo]] na época carolinxia. Cultivou tamén a poesía: [[epístilo]]s no estilo de [[Fortunato]], poemas longos e unha historia en verso da igrexa de York, ''Versus de patribus, regibus et sanctis Eboracensis ecclesiae''. Débenselle tamén manuais educativos: unha gramática e obras de retórica e dialéctica escritas en forma de diálogo (nas dúas últimas entre Carlomagno e o propio Alcuíno). Escribiu así mesmo varios tratados teolóxicos, como ''De fide Trinitates'', comentarios sobre a [[Biblia]], etc.

== Obras ==
== Obras ==

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2011 ás 11:07

Alcuíno de York (no centro)

Flaccus Albinus Alcuin (circa 735-804), ou Alcuíno de York, foi un monxe inglés e conselleiro de Carlomagno. Dedicouse durante moito tempo ao ensino e á escrita na escola de York, en Inglaterra, foi o principal conselleiro de Carlomagno en asuntos eclesiásticos e educativos e durante os últimos anos da súa vida foi abade do mosteiro de San Martiño de Tours.

Traxectoria

Recibiu a súa educación na escola catedralicia de York co seu mestre Ethelberto de York, a quen acompañou a Roma na procura de manuscritos. Cando Ethelberto foi designado arcebispo de York, en 766, Alcuíno ocupou o seu lugar á cabeza da escola episcopal. Volveu outra volta a Roma en 780 para recoller o palio do arcebispo Eanbaldo I de York e en Parma coñeceu a Carlomagno, quen o convenceu para que o acompañase á súa corte e o puxo ao fronte das abadías de Ferrieres e Saint-Loup, en Troyes.

Entre 782 e 790, Alcuíno tutelou ao rei dos francos, a súa familia, os xoves que foran enviados á corte para seren educados e os clérigos novos vinculados coa capela do palacio. Fundou así o Palacio-escola (Aula Palatina) de Aix-la-Chapelle, no cal se ensinaban as sete artes liberais: o trivium (gramática, lóxica e retórica) e o quadrivium (aritmética, xeometría, astronomía, e música). En 790, Alcuin retornou a Inglaterra, pero voltou ao lado de Carlomagno cando este lle pediu axuda na loita contra a herexía adopcionista, que se estendía entón polo norte da Península Ibérica. No Concilio de Francfurt, en 794, Alcuíno defendeu a ortodoxia e obtivo a condena do herexe Felix de Urgel. Voltou para a súa terra, pero abandonouna definitivamente debido aos disturbios que se estaban a producir e que conduciron á morte do rei Ethelred.

Alcuíno pasou os seus últimos anos na abadía de San Martín de Tours. Converteu a escola abacial nun modelo de excelencia e a ela acudiron moitos estudantes. Mandou copiar numerosos manuscritos e transmitiulles aos francos o coñecemento da cultura latina que se conservara nas Illas Británicas.

Alcuíno escribiu moitas cartas, sobre todo a Arno, bispo de Salzburgo e a Carlomagno. Consérvanse 311, que mostran as súas meditacións pías, fornecen abondosa información sobre as condicións literarias e sociais da época e constitúen a autoridade máis fiábel para a historia do humanismo na época carolinxia. Cultivou tamén a poesía: epístilos no estilo de Fortunato, poemas longos e unha historia en verso da igrexa de York, Versus de patribus, regibus et sanctis Eboracensis ecclesiae. Débenselle tamén manuais educativos: unha gramática e obras de retórica e dialéctica escritas en forma de diálogo (nas dúas últimas entre Carlomagno e o propio Alcuíno). Escribiu así mesmo varios tratados teolóxicos, como De fide Trinitates, comentarios sobre a Biblia, etc.

Obras

  • De grammatica.
  • De orthographia.
  • De dialectica.
  • De animae ratione.
  • De trinitate.
  • Diálogo sobre a retórica e as virtudes.
  • De Villis. (?).

Festa

Véxase tamén

Ligazóns externas