Lugano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37: Liña 37:


Logo da [[Segunda Guerra Mundial]] a cidade experimentou un importante fluxo de capital da veciña Italia, propiciando un medre exponencial das actividades [[banca]]rias, converténdoa no terceiro centro financeiro de Suíza.
Logo da [[Segunda Guerra Mundial]] a cidade experimentou un importante fluxo de capital da veciña Italia, propiciando un medre exponencial das actividades [[banca]]rias, converténdoa no terceiro centro financeiro de Suíza.

== Cultura==


{{Commonscat}}
{{Commonscat}}

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2011 ás 13:24

Modelo:Cidade de Suíza Lugano (en lombardo: Lügan) é unha cidade ao sur de Suíza, no cantón italiano-falante de Tesino, que fai fronteira con Italia. A cidade fica ás beiras do Lago Lugano. Os seus cálidos veráns e o incremento do número de celebridades que son atraidas pola vila leváronlle a recibir o nome de "Monte Carlo de Suíza". Con 55.060 habitantes, 130.000 na súa aglomeración urbana, é a novena cidade de Suíza por poboación.

A orixe do nome probablemente proveña do latín Lucus, que significa bosque sagrado, ao igual que a cidade galega de Lugo.

Xeografía

Lugano está situado na ribeira oeste do lago homónimo, ubicado á súa vez entre os lagos Maggiore e di Como, ao sur dos Alpes. Pola cidade transcorre o río Cassarate, que desauga no propio lago.

O clima de Lugano é dos máis benignos de Suíza, con veráns cálidos e invernos máis suaves que no resto do país. O mes máis frío, xaneiro, ten unha temperatura máxima media de 6,1ºC e de 0,1ºC a mínima. O máis cálido é xullo, cunhas temperaturas medias máxima e mínima de 25,8ºC e 16,7ºC, respectivamente. As chuvias son abondosas, rexistrándose uns 1.545 l/m2 de media ao ano.

Historia

As ribeiras do Lago de Lugano foron habitadas dende a Idade de Pedra. Posteriormente, etruscos, celtas e romanos deixaron vestixios do seu paso pola zona. O primeiro documento que fala da existencia dunha cidade na súa actual ubicaciín é de 724, aínda que a súa autenticidade está hoxe discutida. Hai que agardar ata o 1189 para atopar un escrito no que a vila se nomee coa súa denominación actual. Durante os séculos XIV e XV foi obxecto de desputa entre os ducados de Como e Milán, non sendo ata o 1513 cando pasou a formar parte da Antiga Confederación Suíza.

En 1798 entrou a formar parte da República Helvética, baixo o control de Napoleón, chegando a ser o centro do cantón de Lugano. Unha revolta acontecida catro anos máis tarde declarou a independencia do cantón da República Helvética. Coa sinatura da Acta de Mediación ao ano seguinte, na que, baixo o auspicio de Napoleón, se creou a Confederación Suíza monicreque do Primeiro Imperio Francés e que perduraría ata o 1815, o cantón de Lugano uniuse ao de Bellinzona dando lugar ao actual cantón de Tesino, do que Lugano é a principal cidade, aínda que non a capital.

Logo da Segunda Guerra Mundial a cidade experimentou un importante fluxo de capital da veciña Italia, propiciando un medre exponencial das actividades bancarias, converténdoa no terceiro centro financeiro de Suíza.

Cultura