Zhang Heng: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 41: Liña 41:




[[Categoría:Matemáticas|Matemáticos da Antiga China|Zhang Heng]]
[[Categoría:Matemáticas|Personalidades das Metemáticas|Zhang Heng]]
[[Categoría:Matemáticas|Matemáticos do século II|Zhang Heng]]
[[Categoría:Astronomía|Astrónomos|Zhang Heng]]
[[Categoría:Astronomía|Astrónomos|Astrónomos do século II|Zhang Heng]]
[[Categoría:Astronomía|Astrónomos|Zhang Heng]]
[[Categoría:Astronomía|Astrónomos|Astrónomos de China|Zhang Heng]]
[[Categoría:China|Inventores de China|Zhang Heng]]
[[Categoría:China|Inventores de China|Zhang Heng]]



Revisión como estaba o 14 de xullo de 2011 ás 19:34

Zhāng Héng.

Zhang Heng (chinés simplificado: 张衡; chinés tradicional: 張衡; pinyin: Zhāng Héng; Wade–Giles: Chang Heng) foi un astrónomo, matemático, inventor, xeógrafo, cartógrafo, pintor, poeta, home de estado, escritor e profesor de literatura chinés, nacido en Nanyang, Henan o ano 78 da nosa era, e morto en 139.

Traballos principais

Durante unha longa época da súa vida foi astrónomo real baixoo a Dinastía Han do Leste, e trazou un dos primeros mapas estelares, rivalizando co que creou Hiparco no ao 129 a. C., e descoñecido para Zhang. Neste mapa situou as posicións exactas de 2.500 estrelas e batizou unhas 320. Estimou que o ceo nocturno, do que só podía ver unha parte, conteniña 11.500 estrelas, unha cifra exaxerada para un observador con boa vista, pero non foi unha mala estimación. Explicou as eclipses lunares correctamente, argumentando que se producían cuando a Lúa atravesaba a sombra da Terra, e imaxinou a Terra como unha pequena esfera suspendida no espazo, rodeada por un inmenso e lonxanísimo ceo esférico. No ano 123 corrixiu o calendario para facer cadrar as estacións do ano.

Nunha das súas publicacións, Ling xián (靈憲, un resume das teorías astronómicas da súa época), aproximou o número π como 730/232 (aproximadamente 3,1465). Nunha das súas fórmulas utilizadas para o cálculo de volumes esféricos, usou π como a raíz de 10 (aproximadamente 3,162).

O detector de terremotos

Réplica do detector de terremotos de Zhāng Héng.

O traballo máis famoso de Zhang Heng foi o "detector de terremotos" que perfeccionou no ano 132, mil seteceentos anos antes do primeiro sismógrafo europeo.

Zhang asombrou á corte imperial con este dispositivo, que podía detectar terremotos tan distantes que ninguén cercano o sentía sequera.

Era un dispositivo en forma de xerra, ao que se lle adherían varias cabezas en bronce de dragóns, cada unha cunha bóla tamén de bronce na súa boca; ao redor do pé tiña varios sapos de bronce coas bocas abertas. Se a máquina detectaba un tremor de terra, unha bóla de bronce, automaticamente, soltábase e caía na boca dun dos sapos. A posición do sapo en cuestión indicaba a dirección da cal procedía o tremor.

Nunha famosa ocasión unha bóla caeu sen que se observara ningún terremoto perceptíbel; pero, varios días despois, chegou un mensaxeiro con noticias dun terremoto en Kasu, a 600 quilómetros da corte e na dirección indicada pola máquina.

A pesar das súas creacións, é erróneo considerar a Zhang Heng como o inventor do sismógrafo. A súa máquina detectaba os terremotos e a súa procedencia, pero non os medía.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Balchin, J. (2003): Science: 100 Scientists Who Changed the World. New York: Enchanted Lion Books. ISBN 1-59270-017-9
  • Krebs, Robert E. (2003): The Basics of Earth Science. Westport: Greenwood Press of Greenwood Publishing Group, Inc. ISBN 0313319308
  • Liu, Wu-chi. (1990): An Introduction to Chinese Literature. Westport: Greenwood Press of Greenwood Publishing Group. ISBN 0313267030
  • Morton, W. Scott & Charlton M. Lewis (2005): China: Its History and Culture. New York: McGraw-Hill, Inc.
  • Needham, Joseph (1986): Science and Civilization in China: Volume 3, Mathematics and the Sciences of the Heavens and the Earth. Taipei: Caves Books, Ltd.
  • Needham, Joseph (1986): Science and Civilization in China: Volume 4, Physics and Physical Technology, Part 2: Mechanical Engineering. Taipei: Caves Books, Ltd.
  • Temple, Robert. (1986): The Genius of China: 3.000 Years of Science, Discovery, and Invention. Con prefacio de Joseph Needham. New York: Simon and Schuster, Inc. ISBN 0-671-62028-2

Ligazóns externas