Albania: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: roa-tara:Albanie
m Bot: Engado: nds-nl:Albanië
Liña 219: Liña 219:
[[Categoría:Países de Europa]]
[[Categoría:Países de Europa]]
[[Categoría:Albania|*]]
[[Categoría:Albania|*]]

[[kbd:Албаниэ]]
[[ltg:Albaneja]]


[[ab:Арнауыҭтәыла]]
[[ab:Арнауыҭтәыла]]
Liña 310: Liña 307:
[[ka:ალბანეთი]]
[[ka:ალბანეთი]]
[[kaa:Albaniya]]
[[kaa:Albaniya]]
[[kbd:Албаниэ]]
[[kg:Albania]]
[[kg:Albania]]
[[kk:Албания]]
[[kk:Албания]]
Liña 330: Liña 328:
[[ln:Albania]]
[[ln:Albania]]
[[lt:Albanija]]
[[lt:Albanija]]
[[ltg:Albaneja]]
[[lv:Albānija]]
[[lv:Albānija]]
[[mg:Albania]]
[[mg:Albania]]
Liña 345: Liña 344:
[[nah:Albania]]
[[nah:Albania]]
[[nds:Albanien]]
[[nds:Albanien]]
[[nds-nl:Albanië]]
[[ne:अल्बानिया]]
[[ne:अल्बानिया]]
[[nl:Albanië]]
[[nl:Albanië]]

Revisión como estaba o 11 de xullo de 2011 ás 14:01

Modelo:Infobox País Albania (en albanés: Shqipëria) é un país mediterráneo do sueste de Europa. Limita con Grecia ao sur, con Montenegro ao norte, coa provincia serbia de Kosovo no nordeste e coa República de Macedonia ao leste. Ten 362 km de costa, con litoral no Mar Adriático, ao oeste, e no mar Xónico no suroeste. Está a menos de 72 km de Italia, a través do estreito de Otranto.

Albania é unha democracia parlamentar que aínda segue a transformar o seu sistema económico cara a unha economía de mercado. A súa capital é Tirana. É membro das Nacións Unidas, da OTAN, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, do Consello de Europa, da Organización Mundial do Comercio e da Organización da Conferencia Islámica. Ademais é un candidato potencial á adhesión á Unión Europea dende xaneiro de 2003, solicitando formalmente o seu ingreso o 28 de abril de 2009.

Historia

Etimoloxía

Albania é o nome en latín medieval do país chamado Shqipëri polos seus habitantes. O nome en grego medieval é o de Albania ademais de variantes tales coma Albaētia ou Arbanētia. A orixe máis recente do elemento Alb- remóntase ao ilirio alb ou outeiro, emparentado coa voz Alp-, ou montaña de pastos, atopada en rexións alpinas. No século II, na Historia do Mundo escrita polo historiador grego Polibio, hai unha mención a unha cidade chamada Arbon que hoxe en día estaría en Albania central.

Outra teoría é que o topónimo do país procede da tribo iliria dos Albanoi recollida por Ptolomeo, o famoso astrónomo e cartógrafo de Alexandría, quen debuxara un mapa de marcada importancia para a historia de Iliria. Ese mapa recollía á cidade de Albanópole, que estaría localizada ao sur da actual cidade albanesa de Durrës.

Na súa historia escrita entre 1079 e 1080, o historiador e estadista bizantino Attaliates foi o primeiro en nomear aos Albanoi coma parte dunha revolta contra Constantinopla en 1043 e aos Arbanitai coma súbditos do Duque de Dyrrachium. Durante a Idade Media, os albaneses chamáronlle ao seu país Arbër ou Arbën e autodenomináronse coma Arbëresh ou Arbnesh.

Primeiros asentamentos

Ruínas de Apollonia, cidade da Antiga Grecia fundada no 588 a.C. hoxe preto da actual cidade albanesa de Fieri

O pobo máis antigo coñecido que habitou o actual territorio de Albania foi o dos ilirios, dos cales os shqipëtars ou albaneses son supostos descendentes. Os gregos colonizaron as costas e o sur do territorio, que quedou en gran parte incluído dentro do Épiro. Os ilirios efectuaban frecuentes incursións nos estados helenísticos da Molosia, Peonia e mesmo a Macedonia. No 35 a.C., os romanos conquistaron os sitios máis accesibles e civilizados, denominándolles provincias de Ilírico e Épiro, aínda que os territorios máis montañosos e remotos nunca chegaron a estar baixo control do Imperio Romano.

Baixo os romanos, Iliria coñeceu unha época de paz e prosperidade. A principal ruta comercial entre Roma e Constantinopla, a Vía Egnatia, discorría entre Epidamnos (Durrës) e Tesalónica. Os ilirios, do mesmo xeito que os gregos, conservaron a súa lingua e as súas tradicións durante o dominio romano. Cando o Imperio Romano quedou dividido no ano 395, os ilirios foron asimilados polo Imperio Bizantino. Durante os séculos V e VI confluíron con pobos itinerantes como os visigodos, hunos, ostrogodos e eslavos.

Idade Media

Ficheiro:Scanderbeg portrait painting.jpg
Skanderberg, heroe albano

Entre 1443 e 1468, Gjergj Kastriot chamado Skanderbeg, xunto con Lekë Dukagjini, dirixiu en nome dos albaneses as loitas conxuntas de serbios, búlgaros, romaneses e outros pobos da zona contra os turcos otománs, converténdose no heroe nacional e unha icona da loita contra o invasor islámico. Antonio Vivaldi adicoulle unha ópera a Skanderbeg co mesmo nome. Desta época datan os primeiros documentos escritos en lingua albanesa, en alfabeto cirílico.

Nese longo período de ocupación sucederon varios feitos determinantes para a actual cultura albanesa: gran parte da poboación urbana ortodoxa exiliouse, principalmente no sur de Italia e Grecia, mentres que a maioría da poboación que se mantivo no país foi convertida ao islam, longo do sete séculos de ocupación. Trala progresiva conversión ao islam, por interese e supervivencia, e a asimilación turca de gran parte dos albaneses, Albania converteuse nun Estado privilexiado e leal ao Imperio, alcanzando altos cargos na administración do Imperio e tamén como forzas de choque para manter o control sobre Grecia, Serbia, o territorio da actual República de Macedonia e Bulgaria.

Século XX

En 1912, ante as sucesivas derrotas que sufriron os turcos nos Balcáns, Albania obtivo a súa independencia de facto, aínda que se albiscaba a ameaza do expansionismo austríaco e italiano. Durante a Primeira Guerra Mundial o empobrecido territorio foi campo de batalla entre as forzas do Acordo Cordiale e dos autodenominados Imperios Centrais. Ao concluír a guerra ratificouse o control serbio-montenegrino sobre Kosovo e as zonas de maioría albanesa na Macedonia setentrional, Grecia obtivo até o ano 1914 o control do Épiro do norte. No sur de Albania xustamente na fronteira con Grecia, existen uns pobos que en total teñen entre 30 e 35 mil gregos étnicos levados alí polos pashas albaneses para traballar a terra, isto tivo lugar cando o país atopábase baixo dominio turco e os homes do país ían loitar como mercenarios polo imperio otomán. Nunca houbo gregos nesas terras antes da invasión turca. En 1918 en Argirópolis, a pesar de que esta cidade estaba na zona de ocupación grega, proclamouse a independencia formal de Albania, aínda que a "Albania independente" pronto pasou a ser na práctica un protectorado italiano ao mando inicialmente de Ahmet Zogu.

Tirana, capital de Albania, hoxe

Trala fin da Segunda Guerra Mundial, o partido comunista, creado en 1941 baixo a influencia dos bolxeviques, tomou o control do estado albanés, baixo o liderado de Enver Hoxha, quen combatera na resistencia. En 1955, Albania pasou ser membro do Pacto de Varsovia.[1] Porén o país foi illado, primeiro por Occidente e logo pola Unión Soviética despois de que Hoxha fixera unha dura crítica a Nikita Khrushchev achegándose a China.

En 1985, Enver Hoxha morreu e Ramiz Alia tomou o seu lugar. Inicialmente, Alia tentou seguir os pasos de Hoxha, mais os cambios en Europa do Leste xa comezaran, Mikhail Gorbachev aparece na URSS con novas políticas (Glasnost e Perestroika). Despois de que Nicolae Ceauşescu, líder comunista de Romanía, fose executado nunha revolución, Alia asinou o Acordo de Helsinqui, polo que se comprometía a modificar a lexislación en materia civil e foron convocadas eleccións pluripartidistas gañadas polo Partido Demócrata co 62% dos votos en 1992.

O primeiro trimestre de 1997 foi un momento moi delicado para Albania, na que nunhas poucas semanas o Estado rozou a descomposición e a guerra civil. Dous feitos fundamentais desencadearon esta situación: as caóticas eleccións lexislativas na que resultou gañador o Partido Demócrata de Sali Berisha e o colapso duns sistemas bancarios de estrutura piramidal que prexudicaron enormemente ao país. A estafa consistía nunha serie de depósitos que xeraban uns intereses irracionalmente altos, e dunha dubidosa solvencia, que a pesar de iso contou co estimulo do Goberno de Berisha baixo o pretexto da expansión do sistema crediticio. Moitos albaneses confiaron as súas escasas propiedades, despois de décadas de comunismo, e incluso hipotecaron as súas casas para obter eses intereses.

Isto desencadeou un descontento xeral que se consumou co saqueo dos cuarteis militares e depósitos de armas. Nesta situación de caos e de violencia, antigas vinganzas persoais volveron a aflorar e moitos albaneses iniciaron outra inmigración masiva a Italia como xa realizaran co derrocamento do comunismo. Un levantamento armado, dirixido por "comités de Salvación", estourou en Vlorë e ao sur del país. Saqueos e enfrontamentos ocorreron na capital e as demais cidades. Argumentando o caos, a ONU aprobou o envío urxente dunha "Forza de Protección Multinacional" de 7.000 soldados liderada por Italia, cuxa avanzada desembarcou en Durres e Vlorë el 14 de abril. Este caos e rebelión causaron que o Partido Socialista gañara as eleccións de 1997. As Forzas deixaron o país en agosto.

Dende 1990 Albania está orientada cara "occidente", foi aceptada no Consello de Europa e na OTAN, pedindo ademais formar parte da Unión Europea. En 2007 Albania converteuse no primeiro país do mundo en eliminar todo o seu armamento químico.[2]

Xeografía e clima

Costa de Ksami
Outeiros de Horë-Vranisht

Albania é un estado cunha superficie total de 28.750 quilómetros cadrados. É moi montañoso, con alturas xeneralizadas de máis de 1000 metros, cheo de cantís e montañas. O pico máis alto, o Korab, chega até os 2.753 metros e atópase no distrito de Dibra. O 70% do país é accidentado e moitas veces inaccesíbel. As terras baixas só ocupan 1/7 do país e redúcense á chaira litoral e a vales moi estreitos. Os seus principais ríos son o Drin, o Vijosë, o Devoll, o Seman e o Shkumbin. No sueste atópanse os lagos de orixe tectónico chamados Ohrid e Prespa, mentres que ao norte, preto das costas mediterráneas, sitúase o lago de Shkodër.

As terras costeiras gozan dun clima mediterráneo, con temperaturas medias anuais de ao redor de 16 °C e con invernos frescos e veráns cálidos. En troques, no interior vólvese un clima continental, con medias anuais de 10 °C e bruscos contrastes de temperaturas ao longo do ano. Nalgunhas zonas montañosas as precipitacións superan os 2000 mm e as montañas en inverno reciben abondosas nevaradas. Máis dun terzo do territorio do país son bosques e o terriotrio en moi rico en flora, destacando a vexetación mediterránea con maquías e coníferas na franxa litoral e no interior montañoso predominan fragas de coníferas e caducifolias. Ao redor de 3.000 especies diferentes de plantas crecen en Albania, a maioría utilizadas con fins medicinais.

A zona costeira é moi recortada e salpicada de cabos e golfos, cunha lonxitude de ao redor de 362 km e situada entre os mares Adriático e Xónico. Ademais da capital, Tirana, con 726.547 habitantes (2008), as principais cidades son Durrës, Elbasan, Shkodër, Gjirokastër, Vlorë e Korçë. Segundo WWF, o territorio de Albania repártese entre catro ecorrexións:

  • Bosque mixto dos Alpes Dináricos no extremo norte.
  • Bosque mixto balcánico no nordés.
  • Bosque mixto dos montes Pindo nas montañas do centro e sueste.
  • Bosque caducifolio de Iliria no resto do país.

Goberno e política

Albania é unha república parlamentaria pluripartidista cunha recente democracia. A súa constitución foi aprobada, por todos aqueles cidadáns maiores de dezaoito anos, por referendo popular o 22 de novembro de 1998 e promulgada o 28 de novembro dese mesmo ano. A cabeza do Estado é o presidente, elixido polo Kuvendi i Republikës së Shqipërisë (a Asemblea da República de Albania). Os 140 membros da Kuvendi son elixidos polos albaneses cada catro anos. A cabeza do goberno é o primeiro ministro, o cal está asistido por un Consello de Ministros nomeados por el.

O poder xudicial organízase no Tribunal Constitucional e no Tribunal Supremo, cuxo Presidente é elixido por sufraxio universal cada catro anos, e despois múltiples tribunais estabelecidos por condados e distritos. Albania non aceptou a xurisdición obrigatoria da Corte Internacional de Xustiza, mais si a xurisdición da Corte Penal Internacional (para tódolos seus habitantes. Segundo un informe da Comisión Europea publicado en 2006 o 44% dos cidadáns dos Estados membros da Unión Europea opóñense ao ingreso de Albania dentro de dita organización, contra un 41% que se mostrou a favor.[3]

Divisións administrativas

Véxase tamén: Concellos de Albania.

Albania está dividida en trinta e seis rrethe (distritos), os cales están agrupados nun qark (condados), dos que hai doce. O país divídese despois en 351 concellos. A capital, Tirana, ten un status especial. Os qark cos seus rrethe son albaneses son:

Condados de Albania
Cor Condado Capital Poboación Area (km²) Densidade Distritos
Berat Berat 172,478 1,802 159 Berat, Kuçovë, Skrapar
Dibër Peshkopi 144,203 2,507 58 Bulqizë, Dibër, Mat
Durrës Durrës 303,742 827 367 Durrës, Krujë
Elbasan Elbasan 343,959 3,278 105 Elbasan, Gramsh, Librazhd, Peqin
Fier Fier 373,913 1,887 198 Fier, Lushnjë, Mallakastër
Gjirokastër Gjirokastër 103,406 2,883 36 Gjirokastër, Përmet, Tepelenë
Korçë Korçë 257,387 3,711 69 Devoll, Kolonjë, Korçë, Pogradec
Kukës Kukës 78,031 2,373 33 Has, Kukës, Tropojë
Lezhë Lezhë 157,940 1,581 100 Kurbin, Lezhë, Mirditë
Shkodër Shkodër 246,712 3,562 69 Malësi e Madhe, Pukë, Shkodër
Tirana Tirana 778,903 1,586 491 Kavajë, Tirana
Vlorë Vlorë 181,565 2,706 67 Delvinë, Sarandë, Vlorë

Economía

Artigo principal: Economía de Albania.
Banco de Albania

Albania é o país onde máis persistiu o réxime comunista de economía centralizada e estatalizada de toda Europa. Sobre unha base centrada na agricultura e na minería, con grandes centrais siderúrxicas, escaso comercio exterior e unhas infraestruturas absolutamente insuficientes, as tímidas reformas iniciadas en 1985 desembocaron nun duro axuste económico na década dos noventa. Cunha tecnoloxía anticuada, os indicadores económicos caeron sensiblemente, con descensos na produción industrial de entre o 55% e 60%, abandono de empresas e emigración cara a outros países tales como Italia. A redución da produción alcanzou tamén á agricultura, onde as colectividades foron tomadas polos campesiños creando unha economía de subsistencia familiar que non producía excedentes.

Na actualidade, os axustes de 1991 tralas primeiras eleccións pluripartidistas, puxeron en marcha de novo unha parte da industria pesada, estenderon as zonas de cultivo con investimento estranxeiro no regadío, na achega de maquinaria, ademais o sector bancario mellorou notablemente. Porén, persisten graves problemas: os indicadores económicos mostran unha economía dependente nun 85% da agricultura e a minería, con nulas infraestruturas suficientemente operativas.

Os programas que Albania ten asinados coa Unión Europea están a permitir certas melloras nos equipamentos básicos para que o país deixe de ser o segundo país máis pobre de Europa despois de Moldavia. Un dos grandes problemas da súa economía é a proliferación do crime organizado, que a través do control do tráfico de drogas e de armas en Europa e os Estados Unidos, exerce unha poderosa e negativa influencia na súa normalización económica.

Transporte

Na década de 1990, as pedregosas estradas, inestables liñas de ferrocarrís e obsoletas redes telefónicas que atravesan Albania representaban os restos das notables melloras que se fixeron despois da Segunda Guerra Mundial. A xenofobia e celo de Enver Hoxha para o control do país fixo deixou ao país illado, coa revolución das comunicacións transformado o mundo nunha aldea global. Incluso as viaxes internas foron un luxo para moitos albaneses durante o réxime.

Estradas

Actualmente as principais cidades do país están conectadas con estradas nacionais de primeira clase. Hai unha estrada de catro carrís que conecta as cidade de Tirana e Durrës e a cidade de Durazzo con Lushnje. Agora Albania está a participar na construción do que serán tres corredores principais de transporte, sendo agora mesmo a principal prioridade a construción dunha autoestrada de catro carrís entre Durrës e Pristina, que unirá Kosovo coa costa do Adriático albanesa, como consecuencia reducirase o tempo que se tarda en chegar dende Kosovo a Durrës de seis a dúas horas.

A segunda prioridade é a construción do Corredor Europeo 8 que unirá Albania coa República de Macedonia e Grecia, e finalmente a terceira prioridade para o goberno é a construción do eixo norte-sur do país, o que se refire ás veces como a Autoestrada Adriático-Xónico, pois é parte dunha estrada rexional máis ampla que une Croacia con Grecia ao longo do Adriático e as costas do Xónico. Cando se completen os tres corredores Albania terá ao redor de 759 kilometros de autoestrada, conectándoa con tódolos países veciños.

Aviación

Aeroporto Internacional Nënë Tereza de Tirana

En 1977 o goberno de Albania asinou un acordo con Grecia para a apertura das ligazóns aéreas do primeiro país coa Europa non comunista. Como resultado, Olympic Airways foi a primeira compañía non comunista en aterrar en Albania. En 1991 Tirana tiña conexións aéreas coas principais cidades europeas, incluíndo París, Roma, Zúric, Viena e Budapest, servida por un aeroporto pequeno, o Aeroporto Internacional Nënë Tereza, situado a vinte e oito quilómetros da capital na vila de Rinas, porén non había servizos de transporte aéreo regular nacional. Ese mesmo ano, en 1991, Ada Air, unha empresa conxunta franco-albanesa, converteuse na primeira liña aérea do país. A compañía ofrece voos en trinta e seis avións de pasaxeiros catro días á semana entre Tirana e Bari (Italia) e un servizo de charter a destinos nacionais e internacionais.

A partir de 2007 Albania ten un aeroporto internacional, o Aeroporto Internacional Nënë Tereza. O aeroporto está conectado a vinte e nove destinos en catorce compañías aéreas. Viuse ademais un gran aumento en número de pasaxeiros e movementos de aeronaves dende principios de 1990. En setembro de 2009 serviu a 1,8 millóns de pasaxeiros e contaba con 44 aterraxes e despegues diarios.

Ferrocarril

Liña de ferrocarril entre Tirana e Dürres

O sistema ferroviario foi amplamente promovido pola réxime totalitario de Enver Hoxha, durante os cales o uso do transporte privado foi prohibido. Dende a caída do réxime houbo un aumento considerable parque automobilístico privado e o no uso do autobús. Aínda que algunhas das estradas do país se atopan aínda nun estado moi pobre, producíronse outros acontecementos como a construción dunha autoestrada entre Tirana e Durrës, que fixeron perder número de pasaxeiros aos ferrocarrís.

A primeira liña do país de vía estándar non se construíu até 1947, aínda que antes xa se construían algunhas liñas de vía estreita. Os ferrocarrís en Albania son administrados pola empresa nacional Hekurudha Shqiptare(HSH) que significa Ferrocarrís Albaneses. Opera cun ancho de vía de 1.435 mm (ancho estándar) e tódolos seus trens son arrastrados por locomotoras ČKD diesel-eléctricas checas. En canto a conexións internacionais existe unha liña que conecta con Montenegro, que só foi utilizada para tráfico de mercadorías, aínda que esta liña (de Shkodër a Podgorica) foi cortada en 1997, foi restaurada en 2002.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Albania.
Véxase tamén: Gregos de Albania.
A cidade de Berat

No ano 2008 Albania tiña unha poboación estimada de 3.170.048 habitantes, medrando en segundo datos de 2007 a un ritmo dun 0.73%. A poboación albanesa é considerada unha poboación moi nova, cunha idade media de 28,9 anos.[4] A esperanza de vida é de setenta e sete años, o media de fillos por muller de 2,03 e o 86,5% da poboación esta alfabetizada. Despois de 1990 a poboación albanesa enfrontouse a novos fenómenos como a inmigración, que afectou excesivamente á distribución por distritos e prefecturas. Os distritos do norte viron unha diminución da poboación, mentres que os distritos de Tirana e Durazzo aumentaron a súa poboación.

Albania é un país étnicamente homoxéneo, posto que o 96% da poboación é albanesa (segundo estimacións de 1989), con algunha pequenas minorías, entre as que destacan os gregos cun 1,17%, outras minorías poden son os valacos, macedonios, exipcios ou serbios. Con todo, o tamaño da minoría grega é contencioso, posto que o goberno albanés estímaa en 60.000 e o grego en 300.000, esta minoría alega que se atopa nunha situación de discriminación e posúe un partido político propio, o Partido da Unión polos Dereitos do Home. A lingua dominante é o albanés, con dous dialectos principais, o gheg e o tosk. Moitos albaneses tamén falan o inglés, o italiano, o grego, o turco ou o alemán.

Relixión

Mesquita de Kavaja

De acordo con algunhas estimacións a meirande parte dos albaneses non practican ningunha relixión.[5] Segundo outras estatísticas o 41% dos albaneses son cristiáns (24% ortodoxos e o 16% católicos e outras minorías independentes), e 38,7% musulmáns.[6] Porén outros estudos ofrecen resultados completamente distintos, chegando a indicar que a porcentaxe de musulmáns é do 79,9%,[7] ou que os non relixiosos son a gran maioría da poboación[8]

Os albaneses aparecen por primeira vez nos rexistros históricos dos bizantinos a finais do século XI e neste punto a poboación está xa plenamente cristianizada. O cristianismo foi máis tarde eclipsado por Islam, que se mantivo como relixión máis importante durante o período de otomán, dende o século XV até o ano 1912. Despois da independencia os albaneses republicanos, monárquicos e máis tarde os comunistas seguiron unha política sistemática de separar a relixión das funcións oficiais e da vida cultural, así pois nunca houbo unha relixión oficial do estado. Durante o século XX os cleros de todas as relixións debilitáronse e foron finalmente erradicados durante os anos 1940 e 1950, en virtude da política estatal de borrar toda relixión organizada dos territorios albaneses. Aínda a pesar de non haber datos fiables sobre a relixiosidade da poboación e con todo o mosaico delas nunca houbo grandes disputas relixiosas e os matrimonios entre membros de distintas relixións son bastante habituais.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

ak:Albania