Achkhabad: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ckb:عیشق ئاباد
m Bot: Modifico: kk:Ашғабад
Liña 103: Liña 103:
[[ja:アシガバート]]
[[ja:アシガバート]]
[[ka:აშხაბადი]]
[[ka:აშხაბადი]]
[[kk:Ашғабат]]
[[kk:Ашғабад]]
[[kn:ಅಶ್ಗಾಬಾತ್]]
[[kn:ಅಶ್ಗಾಬಾತ್]]
[[ko:아시가바트]]
[[ko:아시가바트]]

Revisión como estaba o 11 de xullo de 2011 ás 13:20

Modelo:Infcidade

Achkhabad - Aşgabat.

Achkhabad (Aşgabat en turcomeno) é a capital de Turkmenistán e a principal cidade dese país, con 773.400 habitantes (xaneiro de 2004). Atópase situada nun oasis no deserto de Karakum, xunto aos montes Kopet Dag, preto da fronteira con Irán.

Poboación

A poboación é maioritariamente musulmá sunnita. Existen minorías cristiás de orixe ruso e armenio.

Historia

Ashkhabad é unha cidade relativamente nova, que se desenvolveu a partir dunha aldea do mesmo nome fundada en 1818. Atópase situada cerca do emprazamento orixinal de Nisa, a antiga capital dos partos, e das ruínas da cidade de Konjikala na Ruta da Seda, que foi destruída polos mongoles.

En 1869, o exército ruso construíu unha fortaleza sobre un outeiro próximo á aldea, e a presenza militar, unida á seguridade derivada desta, atraeu a numerosos mercadores e artesáns á zona. A rexión foi anexionada en 1884 por Rusia, que decidiu desenvolver a cidade como un núcleo comercial debido á súa proximidade ao territorio de Persia, entón baixo influencia británica. Naquela época, considerábase unha cidade moderna e elegante, con moitas tendas e hoteis, e edificios de estilo europeo.

En 1917, tras establecerse o control soviético, a cidade foi renomeada como Poltoratsk, en honra dun revolucionario local. O nome Ashkhabad, na súa forma rusa "Ashjabad", foi restablecido en 1927. A partir deste momento, a cidade experimentou un rápido crecemento e industrialización, que se viron interrompidos por un grave terremoto o 6 de outubro de 1948. Estímase que o sismo alcanzou un grao 9 na escala de Richter, e deixou sen vida a máis de 110.000 persoas (2/3 da poboación total da cidade). Os medios oficiais soviéticos, con todo, anunciaron unha cifra de mortos moito máis baixa, de 14.000.

En 1991, coa proclamación da independencia de Turkmenistán, converteuse na capital nacional do novo estado.

Economía

A cidade é o principal centro económico e comercial do país. As principais industrias da cidade son os téxtiles de algodón e a metalurxia.

Lugares de interese

A maior parte da cidade antiga foi destruída polos terremotos, en particular polo de 1948. Por iso, Ashkhabad carece do típico casco antigo oriental que posúen outras cidades centroasiáticas.

Na cidade existen diversos museos de arte e de historia. É famoso o seu xardín botánico, así como varias mesquitas modernas.

Ficheiro:Ashgabat1.jpg
Vista da cidade de Achkhabad.

Cidades irmandadas

Ligazóns externas