Soba: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Mjbmrbot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: vi:Soba, Cantabria
m r2.7.1) (Bot: Engado: en:Soba, Cantabria
Liña 202: Liña 202:
[[ar:سوبا، إسبانيا]]
[[ar:سوبا، إسبانيا]]
[[ca:Soba (Cantàbria)]]
[[ca:Soba (Cantàbria)]]
[[en:Soba, Cantabria]]
[[es:Soba (Cantabria)]]
[[es:Soba (Cantabria)]]
[[eu:Soba (Kantabria)]]
[[eu:Soba (Kantabria)]]

Revisión como estaba o 8 de xullo de 2011 ás 15:04

Modelo:Infcidade " 3º31'2"O_E_ 0°N 0°L / 43_11_17_N_3_31_2_O, 43º11'17" 3º31'2"O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta Soba é un val e concello da comunidade autónoma de Cantabria. Limita ao norte con Ramales de la Victoria, Arredondo e o val de Ruesga, ao sur co Val de Mena, o Meiriñado de Montija e Espinosa de los Monteros, estes todos na provincia de Burgos, ao leste con Lanestosa e Carranza, na provincia de Biscaia, e ao oeste con San Roque de Riomiera. É o terceiro maior municipio por superficie de Cantabria, ocupando unha extensión de 214,16 km².

Localidades

Actualmente está composto por 27 poboacións, cun total de 1.427 habitantes (INE, Censo de 2008). Pertence ao Partido xudicial de Laredo.

               

Algunhas destas poboacións teñen barrios apartados (Casatablas, La Barcenilla, El Barrio, San Bartolomé), e no lugar de La Gándara, xunto ao nacemento do río, creouse un núcleo de vivendas a carón da estrada CA-256, onde se concentran algúns dos servizos do municipio (escola, piscina municipal, campo de fútbol, pistas deportivas, restaurantes e o Centro de Interpretación do Parque Natural, entre outros).

Xeografía

Vista do val de Soba desde o mirador da Gándara.
Parque Natural dos Collados del Asón.

O territorio ten grandes diferenzas de altitude, estando a cota máis baixa situada a 187 msm, e a máis elevada a 1.605 msm. A capital, Veguilla, atópase a 330 msnm.

Principais cumios

No norleste encóntrase Busta e San Vicente que forman os dous lados do gran barranco chamado de Cubilla, polo que pasa o río Gándara (ou río Soba, como se lle chamaba antes). Busta está rematado por un pequeno plano. San Vicente remata nun pico moi agudo que nos tempos antigos serviu como faro para os navegantes. No oeste atópase Rocías.

Ríos

Os ríos Asón e Gándara recorren estes terreos canda outros regatos máis cativos. O río Gándara segue o curso de oeste a leste, até chegar á ponte de Bollen e Regules, onde muda lixeiramente a súa dirección para retomala despois. Ten como afluentes na zona os arroios Riopicote e Rioquimillo.

Ademais, o termo municipal tamén inclúe parte das concas dos ríos Miera e Calera, este afluente do Gándara, e que delimita Cantabria de Euskadi.

Todos os ríos e regos tiveron pontes de madeira, moitos deles conservados na actualidade. Nas súas augas viven, troitas e anguías.

Espazos naturais

Dentro do concello atópase o Parque Natural dos Collados del Asón, comprendido entre os altos de Mortillano (1.403 msm) e da Mina (1.271 msm), a norte; Carrío (1.424 msm) e Pizarras (1.474 msm), a oeste; Portillo de la Lunada (1.350 msm), Picón del Fraile (1.615 msm), Los Porrones (1.452 msm) e Alto de Imunia (1.512 msm), a sur; e Portillo de Sía (1.200 msm), a leste. O Parque alberga as fontes dos ríos Gándara e Asón, e un macizo calcario, con vales de orixe glaciar. Ten unha rica flora e fauna.

O municipio ten propostas como Lugares de Importancia Comunitaria as cuncas dos ríos Miera e Gándara.

Covas

Soba agrupa o 25 % das grandes covas cántabras, cun total de 74 simas, torcas e covas. Para a súa xestión creouse a Rede de Covas do Alto Asón.[1]

Vista do val do Gándara.

Historia

Tense pouca documentación escrita da época romana e das primeiras comunidades da Idade Media. Aparece algo no 863 relacionado cos mosteiros de Aja e nos cartularios de San Salvador de Oña e Santa María a Real de Nájera. A documentación máis importante é a do século XIII, coas liñaxes dos Ezquerra de Rozas e os Zorrilla, que máis tarde se vincularían á familia castelá dos Velasco. Esta familia tivo o señorío de Soba a partir de 1300, privilexio que outorgou o rei Fernando IV.

A finais do século XIV, Soba foi incluído no Meiriñado Maior de Castela a Vella. Houbo grandes enfrontamentos entre as dúas familias. En 1473, Henrique IV nomeou Condestable de Castela a Pedro Fernández de Velasco que xa tiña o señorío de Medina de Pomar, Briviesca e Frías.

Até 1822 o val estivo dividido administrativamente en entidades de pequeno tamaño chamadas concejos, que eran administradas por rexedores, deputados, montaneros e coxedores (que recaudaban os impostos).

Patrimonio

Arqueoloxía

Existen diversos xacementos arqueolóxicos en covas do lugar, como as de El Mortero (Astrana), Las Escaleras (Asón) ou El Tarreón (San Juan), de época epipaleolítica. Tamén no Covarón de Manzaneda e na Cova dos Trillos, con restos máis recentes. Localizáronse restos megalíticos en Herada (Túmulos de Landías e La Tejera). Tamén existen restos medievais, en Villar, Fresnedo, Pilas, Sangas e San Martín.[2]

Arquitectura

Existen no val numerosos exemplos de arquitectura señorial e relixiosa.[3] Posúe, ademais, unha rica arquitectura tradicional, con elementos propios e orixinais, como os patíns e numerosos exemplos de cabanas pasiegas.

Arquitectura civil e industrial

Destaca a Torre dos Velasco, en Quintana, Ben de interese cultural con categoría de monumento. Ademais, hai un Ben inventariado, o Resbaladero y Casa del Rey, na subida ao Portillo de Lunada, construído en 1791 sobre proxecto do enxeñeiro austríaco Wolfong Mucha. Existen numerosos exemplos de arquitectura señorial, como o palacio dos Zorrilla, na Gándara (1553); a Torre dos Ezquerra, en Rozas (século XVI) e casonas en diversas localidades.

Arquitectura relixiosa

Os edificios relixiosos máis destacados do municipio son os templos de San Miguel Arcángel, en Rozas, tardo-gótico, reformado no século XVI, con retablo renacentista (1527), e de San Fausto, en La Revilla, de 1654, obra de Pedro de Avajas. Existen ademais outras igrexas interesantes: Santa María, en Cañedo, que alberga táboas pictóricas do XVI; ou San Martín, en Rehoyos, de 1896, conforme a proxecto de Alfredo de la Escalera y Amblard.

Tradicións populares

Existe un Centro de Interpretación da Etnografía de Soba, situado en Veguilla, e inaugurado no 2002, no edificio do Concello, cedido en 1911 por Gerónimo Pérez y Sainz de la Maza. Entre as tradicións musicais, destacan as cantas, especialmente as marzas.

Economía

O sector primario, e especialmente a gandaría, é a base da economía sobana, ocupando un 59% da poboación activa. O incipiente sector servizos, especialmente os relacionados co turismo, ocupan o 21,2% da poboación, a construción un 10,8% e as actividades de transformación industrial, apenas un 9%. O censo agrario de 1999, establecía que, das 20.966 has de superficie agrícola, 12.357 servían de pastos e 6.522 a especies arbóreas forestais.[4]

A Consejería de Gandaría, Agricultura e Pesca do Goberno de Cantabria, no 2002, indicaba que, en Soba, concentrábase o maior número de reses de vacún da Comunidade Autónoma, con 10.948 cabezas.

A aportación benéfica de Jerónimo Sáinz de la Maza tivo ampla notoriedade recoñecida no territorio.

Demografía

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
3.756 4.367 4.315 4.323 4.166 4.097 3.345 2.691 2.023 1.981 1.677 1.442

Fonte: INE

Administración

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PRC 726 69,41 % 7
PP 192 18,36 % 1
PSOE 120 11,47 % 1
  • Alcalde electo: Julián José Fuentecilla García (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PRC 717 68,48 % 7
PP 197 18,82 % 1
PSOE 126 12,03 % 1
  • Alcalde electo: Julián José Fuentecilla García (PRC).

Notas

  1. Goberno de Cantabria: Suplemento dedicado a Soba, El Diario Montañés, pag.3
  2. García Alonso, Manuel & Bohigas Roldán, Ramón: El valle de Soba: Arqueología y etnografía, Edt. Tres, Santander, 1995
  3. Aramburu-Zabala Higuera, M.A. & Losada Varea, Celestina: Catálogo Monumental de las Cuencas del Asón y del Agüera, Valle de Ruesga, 2001, ISBN 84-607-3781-0
  4. Gobierno de Cantabria: Suplemento dedicado a Soba, El Diario Montañés, páx.7

Véxase tamén

Bibliografía

  • MADOZ, P.: Diccionario Geográfico estadístico-histórico de España. Santander. Editado en Madrid, 1845-1850.

Ligazóns externas