John Locke: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: am:ጆን ሎክ
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m r2.6.5) (Bot: Modifico: kk:Джон Локк
Liña 74: Liña 74:
[[jv:John Locke]]
[[jv:John Locke]]
[[ka:ჯონ ლოკი]]
[[ka:ჯონ ლოკი]]
[[kk:Локк, Джон]]
[[kk:Джон Локк]]
[[ko:존 로크]]
[[ko:존 로크]]
[[ku:John Locke]]
[[ku:John Locke]]

Revisión como estaba o 5 de xullo de 2011 ás 14:23

Retrato de John Locke por Gotfrey Kneller (1697).

John Locke, nado preto de Bristol o 29 de agosto de 1632 e finado o 28 de outubro de 1704, foi un pensador inglés, considerado o pai da tradición filosófica empirista dominante en Inglaterra desde o século XVII e, tamén, precursor do liberalismo político.

Vida

Entre os catorce e os vinte anos estudiou linguas clásicas na Escola de Westminster. Posteriormente graduaríase en filosofía en Oxford, aínda que as ensinanzas recibidas, de corte tradicional, non lle satisfixeron en absoluto. Por este motivo púxose a estudiar medicina e trabou amizade con Sydenham, famoso médico, e con Robert Boyle, célebre químico tamén. Do contacto con estas disciplinas xurdiu e seu interese polo método empírico, moi usado na medicina, e polo procedemento da análise química, empregado para descubrir os elementos compoñentes da materia. Pero Locke non se dedicou á actividade científica. A lectura das obras de Descartes, Gassendi e Hobbes decidiron o seu destino cara a filosofía. En 1666 coñece ó Conde de Shaftesbury, cargo político durante parte de reinado de Carlos II, converténdose no seu secretario e médico persoal. O posterior declive político de Shaftesbury empuxou a Locke a viaxar por Francia. Finalmente, tras un breve retorno a Inglaterra, e ante os acontecementos adversos no seu país para o partido político dos Whigs, acabou refuxiándose en Holanda. Cando Guillerme de Orange accede ó reinado de Inglaterra Locke volve outra vez e convértese nun personaxe célebre e polémico escribindo sobre os máis diversos temas de interese público, principalmente de tipo relixioso. Cara o ano 1700 comeza a ter problemas de saúde. Un ano antes de morrer escribe nunha carta ó seu amigo A. Collins: amar a verdade por si mesma é a parte máis importante da perfección humana neste mundo, e a base de todas as demais virtudes.

As principais obras de Locke son Carta sobre a tolerancia (1689), Dous tratados sobre o goberno (1690), Ensaio sobre o entendemento humano (1690) e A racionalidade do cristianismo exposta conforme á Escritura (1695).

Pensamento

No ámbito da filosofía teórica Locke anticipa toda a crítica posterior da metafísica especulativa deslindando claramente os terreos da filosofía e da ciencia. A primeira, basicamente, é unha teoría sobre o coñecemento humano sen achegar ningunha información acerca da natureza. A descrición desta última correspóndelle ás ciencias (química, física, etc.). Son estas as únicas que poden determinar a estrutura fundamental da realidade, é dicir, a “esencia real” da natureza. Esta, para Locke, viría reflectida a través da teoría atómica da materia. O ser humano vulgar, en cambio, só coñece a “esencia nominal” das cousas, isto é, os aspectos meramente visibles das mesmas e que convencionalmente etiqueta cun nome determinado. En consecuencia, substitúese a metafísica pola ciencia no cometido de ofrecer unha explicación do mundo.

Teoría do coñecemento

Locke emprega a introspección psicolóxica, seguindo parcialmente a Descartes, como método para analizar o coñecemento humano. Os principios básicos que descubre con este procedemento, hai que dicir que non sempre consecuentes coa percepción da ciencia que ten o propio Locke, son os seguintes: a) o material que configura o coñecemento humano, e co que opera a mente humana, son as ideas, b) as ideas proceden unicamente da experiencia (externa ou interna), c) o papel da mente consiste simplemente en combinar as ideas entre si formando outras máis complexas. Armado con estes principios constrúe unha filosofía oposta ó Racionalismo, tanto de tipo cartesiano como o de tipo platónico dominante por aquel entón en Cambridge. Se para este último a mente humana é capaz de producir ideas á marxe da experiencia, para Locke, en cambio, esta é a única fonte de coñecemento.

A partir de ideas simples, recibidas pasivamente, a nosa mente componas de diferentes modos dando lugar a tres tipos de ideas derivadas: ideas complexas, ideas de relacións e ideas abstractas. Exemplos destes tres tipos de ideas son, respectivamente, a idea de “substancia”, a idea de “causalidade” e a idea de “animal”. Locke explica a orixe de todas as ideas recorrendo só a mecanismos psicolóxicos.

Teoría política

En filosofía política Locke desenvolve unha crítica das monarquías absolutistas. O poder político, sexa monárquico ou constituído mediante unha asemblea de notables, debe estar dobremente limitado polos dereitos naturais comúns a todos os humanos e polo fin do ben colectivo. En caso de non respectarse estes requisitos será lexítimo intentar o derrocamento do poder establecido.

Filosofía da relixión

Locke pasa por ser o fundador do racionalismo relixioso. Fronte á teoloxía da igrexa, que subordina o pensamento á fe, el somete a revelación relixiosa á criba da razón. Pero isto non ten no seu caso o significado dunha actitude atea ou irrelixiosa, senón que se trata máis ben dunha depuración que deixa como resultado a esencial racionalidade do cristianismo. Locke establece así unha identificación entre relixión natural e ética. Pero aínda así, hai que observar que na orde da fundamentación Locke pensa que a ética depende da relixión natural. Tanto unha relixión dogmática como a ausencia de relixión serían ambas fonte de inmoralidade. En cambio, é a relixión contida dentro da súa simplicidade e pureza o que nos humaniza. A esta condición algúns poden acceder por unha vía exclusivamente racional, pero hai outros moitos que carecen de capacidade racional suficiente para discernir os principios relixiosos naturais, por iso a revelación é necesaria para ilustrar a estes de forma sinxela os principios que deben guiar ó ser humano. Vemos como Locke mantén un certo elitismo moral das clases cultas fronte ó carácter iletrado das masas populares, que só poden acceder á moralidade a través da relixión revelada.

Enfrontamento cos teólogos

O punto de vista relixioso de Locke, a pesar da súa moderación, foi obxecto de duros ataques por parte dos teólogos. Rapidamente asociouse a súa doutrina coa exposta en 1696 por John Toland no libro Cristianismo non misterioso, queimado publicamente en Dublín. Este clima de intransixencia afectou tamén á obra teórica de Locke, pois tamén se prohibiu ler o seu Ensaio na Escola de Oxford. De todas formas, as opinións de Locke neste punto exerceron unha considerable influencia nos Ilustrados franceses do século XVIII.

Modelo:Link FA