San Pedro del Pinatar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 25: Liña 25:
[[pt:San Pedro del Pinatar]]
[[pt:San Pedro del Pinatar]]
[[ru:Сан-Педро-дель-Пинатар]]
[[ru:Сан-Педро-дель-Пинатар]]
[[uk:Сан-Педро-дель-Пінатар]]
[[war:San Pedro del Pinatar, Espanya]]
[[war:San Pedro del Pinatar, Espanya]]

Revisión como estaba o 5 de xullo de 2011 ás 13:28

A serra de Escalona limita a depresión litoral, xunto á de Carrascoy, proporciona este perfil coñecido como "La bella durmiente" a causa da forma de muller deitada que parece representar. Nesta foto vése a serra desde unha charca das Salinas.

San Pedro del Pinatar é un municipio da Rexión de Murcia, en España. Ao atoparse nas ribeiras do mar Mediterráneo e do mar Menor dispón de gran atractivo turístico e ecolóxico. Ao norte do municipio atópase o parque natural das Salinas e Areais de San Pedro del Pinatar.[1] Nun radio de menos de 50 km pódense atopar tres núcleos urbanos de máis de cen mil habitantes: Torrevieja, Cartagena e Murcia.

Características

A pesar de ser un municipio relativamente pequeno a súa situación estratéxica na costa e as súas calidades ambientais orixinaron un crecemento moi rápido da poboación e un aumento da actividade comercial e económica. Ao mesmo tempo produciuse unha gran presión urbanística que minimizou o chan dedicado ás tarefas agrícolas.[2]. Dese modo, a pesca e a explotación das salinas deixaron de ser as súas actividades económicas case exclusivas.

As actividades relacionadas co lecer ocupan un destacado papel. O seu clima adecuado para actividades ao aire libre, as súas oito praias, tres portos deportivos, instalacións de talasoterapia, itinerarios ecolóxicos, zona de copas en la Curva de Lo Pagán, etc, proporcionan unha oferta diversificada na zona; aínda que existen conflitos de intereses.[3]. As festas tradicionais realízanse no verán, o que fai que poidan participar moitas persoas que veranean na zona.

Notas