Antofagasta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 1: Liña 1:
{{outroshomónimos}}
{{outroshomónimos|Antofagasta}}
[[Ficheiro:JuanLopez.jpg|thumb|left|160px|Juan López, primeiro habitante de Antofagasta. Obra de [[Osvaldo Ventura López]].]]
[[Ficheiro:JuanLopez.jpg|thumb|left|160px|Juan López, primeiro habitante de Antofagasta. Obra de [[Osvaldo Ventura López]].]]
[[Ficheiro:Comuna Antofagasta.png|thumb|160px|Comuna de Antofagasta, Chile]]
[[Ficheiro:Comuna Antofagasta.png|thumb|160px|Comuna de Antofagasta, Chile.]]

'''Antofagasta''' é unha comuna e unha cidade do litoral do norte do [[Chile]]. Está localizada no [[hemisferio]] sur, a 23°38'39'' S de latitude e 70°24'39'' O de lonxitude. Limita ó sur con [[Taltal]], ó norte con [[Sierra Gorda]], [[Mejillones]] e [[San Pedro de Atacama]], ó oeste co [[Océano Pacífico]] e ó leste coa [[Provincia de Salta]], [[Arxentina]].

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2011 ás 21:08

Juan López, primeiro habitante de Antofagasta. Obra de Osvaldo Ventura López.
Comuna de Antofagasta, Chile.

Antofagasta é unha comuna e unha cidade do litoral do norte do Chile. Está localizada no hemisferio sur, a 23°38'39 S de latitude e 70°24'39 O de lonxitude. Limita ó sur con Taltal, ó norte con Sierra Gorda, Mejillones e San Pedro de Atacama, ó oeste co Océano Pacífico e ó leste coa Provincia de Salta, Arxentina.

Capital da Provincia de Antofagasta e capital rexional da Rexión de Antofagasta, segundo o censo nacional, realizado no 2002 polo Instituto Nacional de Estatísticas de Chile, Antofagasta era a quinta cidade máis poboada do país con 285.255 habitantes, por detrás de Santiago, Valparaíso, Concepción e La Serena, e na última proxección demográfica levada a cabo polo INE no 2009, indicaba que a cidade tiña unha poboación estimada de 360.473 habitantes.

Foi fundada en 1870 e era parte da Bolivia, foi ocupada en 1879 polos chilenos e despois da Guerra do Pacífico continuou so poder dos chilenos.

A cidade de Antofagasta encóntrase intimamente ligada á actividade mineira, sendo a zona mineira por excelencia do país. Na última década presentou un sostido crecemento nas áreas de construción, comercio, hospedaxe hoteleira, aumento demográfico, e un notable desenvolvemento urbano.