Sárdoma, Vigo: Diferenzas entre revisións
Liña 21: | Liña 21: | ||
==Festas== |
==Festas== |
||
As festas máis importantes de Sárdoma son as de |
As festas máis importantes de Sárdoma son as de San Isidro Labrador no mes de Maio, e as do patrón San Pedro que se celebra o 29 de Xuño. |
||
==Galería de imaxes== |
==Galería de imaxes== |
Revisión como estaba o 30 de xuño de 2011 ás 08:47
Sárdoma | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Pedro de Sárdoma. | |
Concello | Vigo |
Coordenadas | 42°12′54″N 8°42′27″O / 42.214944444444, -8.7074444444444Coordenadas: 42°12′54″N 8°42′27″O / 42.214944444444, -8.7074444444444 |
Área | - km² |
Poboación | (Ano 2003) 1.992 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 13 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Vigo poboación {{{ano}}}]]
San Pedro de Sárdoma é unha parroquia do concello pontevedrés de Vigo na comarca de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Freixeiro, Lavadores e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.
Ten 9 entidades de poboación, 5 lugares e 1.992 veciños (2003). As súas entidades de poboación son as seguintes: Fragosiño (73), Laxe (566), O Lameiro (182), O Marco (58), Moledo (318), O Outeiro (109), A Pescadeira (81), O Raviso (581) e Relfas (24). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Freixo, Louxadas, Monte da Serra, A Raposeira e A Salgueira.
Patrimonio
Consérvanse, da época medieval, o pazo da Raposeira (do ano 1625), o pazo de San Roque (1688) e a Casa Grande de Aires, do século XVIII. Destaca tamén unha ponte medieval, aínda en uso, dos séculos XII-XIII. A igrexa parroquial, o adro, o cemiterio e a casa reitoral son do século XVIII. A parroquia posúe dous cruceiros, un no adro da igrexa e outro na Laxe.
Personalidades
Desta parroquia viguesa foi oriúndo o compositor e gaiteiro Nazario González Iglesias, máis coñecido coma "Moxenas" .
Festas
As festas máis importantes de Sárdoma son as de San Isidro Labrador no mes de Maio, e as do patrón San Pedro que se celebra o 29 de Xuño.
Galería de imaxes
-
Fachada e torre da igrexa.
Lugares e parroquias
Lugares de Sárdoma
Lugares da parroquia de Sárdoma no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Fragosiño | O Freixo | O Lameiro | Laxe | Louxadas | O Marco | Moledo | Monte da Serra | O Outeiro | A Raposeira | O Raviso | Relfas | A Salgueira |