Hipótese: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: sq:Hipoteza |
m r2.7.1) (bot Engadido: zh-min-nan:Ká-soat |
||
Liña 72: | Liña 72: | ||
[[vec:Ipotexi]] |
[[vec:Ipotexi]] |
||
[[zh:假说]] |
[[zh:假说]] |
||
[[zh-min-nan:Ká-soat]] |
Revisión como estaba o 26 de xuño de 2011 ás 18:50
Unha hipótese é unha proposición que establece relacións entre os feitos; para outros é unha posible solución ó problema; outros sustentan que a hipótese non é máis que unha relación entre as variables, e, por último, hai quen afirma que é un método de comprobación.
- A hipótese como proposición que establece relación entre os feitos: unha hipótese é o establecemento dun vínculo entre os feitos que o investigador vai aclarando na medida en que poida xerar explicacións lóxicas do por qué se produce este vínculo.
- A hipótese como unha posible solución do problema: a hipótese non é soamente a explicación ou comprensión do vínculo que se establece entre os elementos inmersos nun problema. É tamén a formulación dunha posible solución ó mesmo.
- A hipótese como relación entre variables (Kerlinger 1985:12): unha expresión das relacións existentes entre dous ou máis variables. A hipótese formúlase en términos de oración aseverativa, e relaciona, dunha forma xeral ou específica, unha variable con outra.