Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: es:Avelino Cachafeiro
reirando imaxe con problemas de licenza
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Ogaiteirodesoutelo.JPG|thumb|right|O Gaiteiro de Soutelo por [[Castelao]].]]
[[Ficheiro:Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG|thumb|275px|Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro.]]
'''Avelino Cachafeiro Bugallo''', '''O Gaiteiro de Soutelo''', nado en [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]] o [[26 de maio]] de [[1899]] e finado o [[13 de abril]] de [[1972]], foi un gaiteiro [[Galicia|galego]].

Liña 8: Liña 8:

===Xiras e retirada===
===Xiras e retirada===
[[Ficheiro:Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG|thumb|240px|Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro.]]
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, [[Os Gaiteiros de Soutelo]], percorreu toda Galicia, así como [[Bos Aires]], [[Montevideo]], [[Brasil]] ou [[Barcelona]]. En [[1928]] morreu Fermín e en [[1933]] Bautista. A [[Guerra Civil española]] esfarelou o grupo, sorprendéndoos tocando en Barcelona, territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A [[Cultural Obreira]] levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a [[Berlín]] para tocar nos [[Xogos Olímpicos]], decidiron voltar á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.

Revisión como estaba o 26 de xuño de 2011 ás 09:46

Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro.

Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo, nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899 e finado o 13 de abril de 1972, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria

De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o pandeiro. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.

En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924 (a parte literaria gañouna Eladio Rodríguez González). En 1928 gravaron para a compañia Regal a "Muiñeira de Chantada", a "Alborada de Rosalía", a "Muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Heicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman á porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".

Xiras e retirada

Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Bos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona. En 1928 morreu Fermín e en 1933 Bautista. A Guerra Civil española esfarelou o grupo, sorprendéndoos tocando en Barcelona, territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron voltar á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.

Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira).

Outros labores

En 1969 publicou o libro de poemas, Voando coas aas da vida, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Foi o valedor da "Muiñeira de Chantada", no seu labor de recuperación da música tradicional.

A discográfica galega Ouvirmos recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas