Lausana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
{{enuso}}
'''Lausana''' ('''Lausanne''', nome oficial en [[Lingua francesa|francés]], '''Losena''' en [[lingua francoprovenzal|arpitano]]) é unha cidade [[suíza]] de 133.280 habitantes (2010), o que a converte na cuarta cidade do país por poboación, tras [[Zúric]], [[Xenebra]] e [[Basilea]]. Está situada ó leste do país, e é capital do cantón de [[Vaud]].
'''Lausana''' ('''Lausanne''', nome oficial en [[Lingua francesa|francés]], '''Losena''' en [[lingua francoprovenzal|arpitano]]) é unha cidade [[suíza]] de 133.280 habitantes (2010), o que a converte na cuarta cidade do país por poboación, tras [[Zúric]], [[Xenebra]] e [[Basilea]]. Está situada ó oeste do país, e é capital do cantón de [[Vaud]].


== Xeografía==
== Xeografía==

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2011 ás 07:51

Lausana (Lausanne, nome oficial en francés, Losena en arpitano) é unha cidade suíza de 133.280 habitantes (2010), o que a converte na cuarta cidade do país por poboación, tras Zúric, Xenebra e Basilea. Está situada ó oeste do país, e é capital do cantón de Vaud.

Xeografía

As principais características xeográficas da cidade son o lago de Xenebra e maila súa proximidade coa rexión de Gros-de-Vaud, de grande importancia agro-alimentaria na zona francófona de Suíza. A cidade de Xenebra, coñecida internacionalmente como sede da ONU, atópase tan só a poucos quilómetros de Lausana. Outras cidades como Vevey ou Montreux fan, cada vez máis, parte da "periferia" da cidade.

Historia

A orixe da cidade cómpre procurala nun campo militar romano de nome Lousanna, construido non onde está a poboación actual, senón onde agora se atopan as vilas de Vidy e Ouchy. Logo da caída do Imperio Romano, a inseguridade fronteiriza forzou o traslado de Lausana á súa ubicación actual, un outeiro de máis doada defensa.

Tras a revogación do Edito de Nantes en 1685, Lausana pasou a ser un refuxio dos Hugonotes franceses. Cara a 1750 empezaron a retornar a Francia, ata a fin da persecución oficial dos protestantes franceses en 1787.

Dende o 14 de abril do ano 1803, Lausana converteuse oficialmente en capital cantonal do Estado de Vaud, este mesmo integrado na confederación Suíza, segundo a constitución da rexión. No ámbito internacional esta cidade acadou o seu renome grazas, entre autros aspectos, á Sede do Comité Olímpico Internacional

Cultura

A lingua oficial tanto da vila coma do cantón é o francés. No tocante á relixión, o catolicismo é a relixión do 38% dos habitantes da cidade, mentres que o 27% son protestantes. Un 17% di non profesar ningunha relixión. A terceira confesión é a musulmá, cun 6% de fieis.

Como cidade universitaria, goza de popularidade entre a xente nova. Ademais, son moitas as institucións educativas, suízas e internacionais, que teñen a súa central na cidade.

Lugares de interese

Véxase tamén

Outros artigos