Canto gregoriano: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: da:Gregoriansk sang |
m r2.7.1) (bot Engadido: hr:Gregorijanski napjev |
||
Liña 29: | Liña 29: | ||
[[fr:Chant grégorien]] |
[[fr:Chant grégorien]] |
||
[[he:מזמור גרגוריאני]] |
[[he:מזמור גרגוריאני]] |
||
[[hr:Gregorijanski napjev]] |
|||
[[hu:Gregorián ének]] |
[[hu:Gregorián ének]] |
||
[[id:Kidung Gregorian]] |
[[id:Kidung Gregorian]] |
Revisión como estaba o 23 de xuño de 2011 ás 14:49
O canto gregoriano é un tipo de música vocal monódica sen instrumentos para ser cantada durante a celebración da liturxia na Igrexa Católica.
Historia e características
Formouse a partir de estilos moi heteroxéneos, de procedencia principalmente oriental, sobre todo de Bizancio e Siria durante a época que seguiu á caída do Imperio Romano, a primeira compilación procede do papa Gregorio I, do cal lle vén o nome, aínda que a historiografía moderna puxo en dúbida esta orixe retrasando a orixe ata a época carolinxia, considerándoo unha síntese entre o canto romano e o canto gálico.
A intención do canto gregoriano non era artística, senón tan só relixiosa, ennobrecer a palabra de Deus, polo que se prescindía de instrumentos musicais, a música sacra tiña que ser simple para que puidese ser cantada por todos, fluída para non estorbar o texto, e sobria para non desmerecer a súa función.
Unha gran parte da liturxia podía ser cantada e iso imposibilitaba que puidese ser memorizada, polo que a Igrexa procurou rexistrar o repertorio de cantos por escrito para o que houbo de perfeccionar os sistemas de notación musical coñecidos ata o de entón, ata o século XI non se regularizou a notación sobre unha pauta de varias liñas e o uso da clave.