William Harvey: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: sh:William Harvey
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: jv:William Harvey
Liña 36: Liña 36:
[[it:William Harvey]]
[[it:William Harvey]]
[[ja:ウイリアム・ハーベー]]
[[ja:ウイリアム・ハーベー]]
[[jv:William Harvey]]
[[ka:უილიამ ჰარვეი]]
[[ka:უილიამ ჰარვეი]]
[[ko:윌리엄 하비]]
[[ko:윌리엄 하비]]

Revisión como estaba o 23 de xuño de 2011 ás 11:23

William Harvey, pintado por Cornelius Jansen

William Harvey (Folkestone, 1 de abril de 1578 ? Londres, 3 de xuño de 1657) foi un médico británico que describiu por primeira vez correctamente os detalles do sistema circulatorio do sangue ao ser bombeado por todo o corpo pola acción do corazón.

Estudou Medicina na Universidade de Cambridge, onde, en 1602, se doutorou. Estudou entre 1597 e 1601 en Pádua con Fabricius). Exerceu clínica en Londres e foi médico do Hospital de San Bartolomeo, sendo, en 1609, nomeado profesor de Anatomia e Cirurxía no Colexio Real.

Os seus estudos inspiraron as ideas de René Descartes, que na súa "Descrición do Corpo Humano" dixo que as arterias e as veas eran canos que cargaban nutrientes polo corpo. Moitos cren que el descubriu e expandiu as técnicas de medicina musulmá, particularmente o traballo de Ibn Nafis, que lanzou os primeiros estudos sobre a maioría das veas e artérias no século XIII. A pesar da discusión que o seu descubrimento desencadeou, as súas ideas acabaron por ser aceptas aínda durante a súa vida. Na época na que a discusión decorría, os seus defensores foran chamados polos opositores como «circulatores».

San tamén notables os seus estudos sobre a xeración. Realizando traballos probados, emprega os animais do parque do rei, concluíndo que todo ser vivo provén dun ovo. Deixou todos os seus cargos en 1646, retirándose para o campo, rexeitando a presidencia do Colexio dos Médicos para que fora elixido en 1654.

Ver tamén