Comités Abertos de Faculdade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
CocuBot (conversa | contribucións)
m r2.6.1) (Bot: Elimino: es:Comités Abertos
Liña 18: Liña 18:


[[Categoría:Asociacións de estudantes]]
[[Categoría:Asociacións de estudantes]]

[[es:Comités Abertos]]

Revisión como estaba o 23 de xuño de 2011 ás 05:36

Os Comités Abertos de Faculdade (CAF) foi unha organización estudantil universitaria galega, que defendía un ensino galego, público, democrático e de calidade. O 10 de maio de 2008 disolveuse para formar co CAE unha nova organización, Comités.

Durante a efervescencia das loitas na Universidade de Santiago, nos primeiros anos oitenta do século XX, foron xurdindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano 86 nos Comités Abertos (a pesar que algunha, como CAMAE, seguira a ser semi-autónoma). Aínda que teoricamente abranguía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros campus, e só foi a partir da segregación das universidades de A Coruña e Vigo que comezou a ser unha organización de carácter galego e ter presenza nos sete campus. Nas orixes funcionaba a nivel de Asemblea de Faculdade e cun órgano de coordinación (Consello de Campus) formado por dúas persoas de cada centro.

O órgano básico de organización dos CAF son os comités propios de cada centro, que elixen un responsábel de comité. A nivel campus, os CAF organízanse en Asembleas de Campus, órgano coordinador dos comités do mesmo campus no cal se elixe un responsábel de Campus; e en Consellos de Campus, órgano de dirección e control da organización en cada Campus. Actualmente, o máximo órgano de decisión dos CAF é a súa Asemblea Nacional, que se reúne cunha periodicidade plurianual. O Consello Nacional, órgano de dirección en período interasemblear, ten 19 membros, 12 membros escollidos pola Asemblea Nacional máis os 7 responsábeis de Campus.

Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións de esquerda que operaban na universidade (BNG,PSG-EG,MCG,PCPG..), aínda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada maioritariamente por militantes de Galiza Nova e persoas sen afiliación política. Actualmente os CAF son a organización estudantil maioritaria na Galiza, tanto no tocante ao seu número de membros como á súa participación en órganos de goberno das universidades. Mais agora só fican os integrantes da UMG. A organización paralela aos CAF no ensino medio eran os Comités Abertos de Estudantes (CAE).

Ligazóns externas