Arenito: Diferenzas entre revisións
m [r2.6.5] bot Engadido: ka:ქვიშაქვა |
m r2.7.1) (Bot: Engado: bar:Sandstoa |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
[[ar:حجر رملي]] |
[[ar:حجر رملي]] |
||
[[bar:Sandstoa]] |
|||
[[bg:Пясъчник]] |
[[bg:Пясъчник]] |
||
[[ca:Gres (geologia)]] |
[[ca:Gres (geologia)]] |
Revisión como estaba o 22 de xuño de 2011 ás 10:11
As arenitas[1] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante.
Aspecto
Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda ao dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos e óxidos) e fragmentos de rochas.
Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitas os de cuarciarenitas (arenitas de cuarzo), as arcosas (arenitas de feldespatos), grauvacas (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).
Notas
- ↑ Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 20