Esmaragdo de Rávena: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
CocuBot (conversa | contribucións)
m r2.6.1) (Bot: Elimino: bg:Смарагд (екзарх)
Liña 8: Liña 8:
[[Categoría:Exarcas de Ravenna]]
[[Categoría:Exarcas de Ravenna]]


[[bg:Смарагд (екзарх)]]
[[ca:Esmaragd de Ravenna]]
[[ca:Esmaragd de Ravenna]]
[[de:Smaragdus]]
[[de:Smaragdus]]

Revisión como estaba o 21 de xuño de 2011 ás 21:32

Esmaragdo foi Exarca de Ravenna dúas veces (585-589 e 603-611).

Esmaragdo foi coñecido pola súa violencia contra os seguidores da Controversia dos tres capítulos. Ordenou ao arcebispo cismático de Aquileia e aos seus seguidores, que estaban en Grado, que fosen a Ravenna para asistiren a un concilio. Como o concilio fracasou na resolución dos asuntos propostos, obrigou ao arcebispo a declarar a súa lealdade ao credo ortodoxo. A súa violencia, xunto coas acusacións supostas de loucura, levaron á súa destitución do cargo no 589. Outros sucesos importantes durante o seu primeiro mandato foi a recuperación de Classis dos longobardos en 588.

En 603 o emperador bizantino Focas restableceu a Esmaragdo no seu posto anterior. Desgraciadamente herdou unha guerra contra os longobardos do seu predecesor Calinico, e rexeitou liberar a filla do rei longobardo Axilulfo, así como ao seu home, ambos collidos prisioneiros polos bizantinos en 601. En Xullo de 603, Cremona, Mantua, e Vulturina, xunto coa maior parte da Italia setentrional, volveran a mans longobardas, e Esmaragdo foi forzado a liberar os seus reféns para evitar máis perdas. Conseguiu manter a paz cos longobardos durante o resto do seu mandato. Volveu a ser substituído cando Focas foi asasinado, esta vez por Xoán I Lemixio.