Quidditch Through the Ages: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: et:Lendluudpall läbi aegade
Sen resumo de edición
Liña 35: Liña 35:
[[ar:كويدتش عبر العصور]]
[[ar:كويدتش عبر العصور]]
[[bs:Metloboj kroz stoljeća]]
[[bs:Metloboj kroz stoljeća]]
[[bg:Куидичът през вековете]]
[[ca:El Quidditch de totes les èpoques]]
[[ca:El Quidditch de totes les èpoques]]
[[cs:Famfrpál v průběhu věků]]
[[cs:Famfrpál v průběhu věků]]

Revisión como estaba o 20 de xuño de 2011 ás 22:09

Quidditch Through the Ages (en galego, Quidditch a través dos tempos) é o título dun libro escrito pola británica J. K. Rowling, que actúa como complemento á saga de Harry Potter (que tamén foi escrita por ela), ao igual que Fantastic Beasts and Where to Find Them. A versión en castelán foi publicada en 2001 pola editorial Salamandra.

O libro trata sobre a historia do Quidditch, deporte máxico que practican os bruxos e meigas. Este libro é mencionado ao longo das novelas de Harry Potter como un libro da biblioteca de Hogwarts. As vendas do libro van dirixidas á fundación Comic Relief, e contén ilustracións de J. K. Rowling.

O libro ficticio

Dentro do mundo ficticio de Harry Potter, Quidditch a través dos tempos, é un libro que está escrito por Kennilworthy Whisp, un experto e fanático do Quidditch.

O libro conta a historia do Quidditch dende os seus incios, así como a dos primeiros xogos que se practicaban cunha vasoira. Segundo Madam Pince, a libreira da biblioteca de Hogwarts, a copia do libro que está na biblioteca é: «rasgado, babeado por riba del e xeralmente maltratado case a diario». Harry Potter disfrutou lendo este libro. Cando Severus Snape pillou a Harry fóra da escola con este libro en Harry Potter e a pedra filosofal, Snape inventou a regra de que non estaba permitido levar os libros da biblioteca ó exterior, e quitoullo das mans quitando, ademais, 5 puntos a Gryffindor.

O libro real

O libro real foi escrito por J. K. Rowling, aínda que o nome de Kennilworthy Whisp aparece na portada do libro e ás veces tómase como co-autor do mesmo. As recaudacións que se obtiveron coa venda do libro foron parar á fundación Comic Relief como as do seu compañeiro, Fantastic Beasts and Where to Find Them.

Aínda que Harry ten este libro durante o seu primeiro ano (1991-1992), hai nomeado un evento que ocorreu en 1994.

Curiosidades

  • Comic Relief pediulle con poucas esperanzas a J. K. Rowling que escribise un conto curto de Harry para destinar os beneficios á asociación. Como a ela se lle dá mal escribir contos curtos, pensou que era mellor escribir non un libro, señón dous.
  • A J. K. Rowling sempre lle gustou debuxar. Xa que non publicaran os bocetos que tiña para ilustrar Harry Potter e a pedra filosofal, dado que a editorial opuxérase, nesta ocasión debuxou ela tódalas ilustracións que aparecen no interior.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Harrypotter