Festa Nacional de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.1) (Bot: Modifico: es:Día de la Hispanidad
m r2.6.4) (bot Modificado: es:Fiesta Nacional de España
Liña 16: Liña 16:
[[en:Fiesta Nacional de España]]
[[en:Fiesta Nacional de España]]
[[eo:Nacia Hispana Festotago]]
[[eo:Nacia Hispana Festotago]]
[[es:Día de la Hispanidad]]
[[es:Fiesta Nacional de España]]
[[eu:Espainiako Egun Nazionala]]
[[eu:Espainiako Egun Nazionala]]
[[fr:Jour de l'Hispanité]]
[[fr:Jour de l'Hispanité]]

Revisión como estaba o 20 de xuño de 2011 ás 18:25

Ofrenda floral en Zaragoza á Virxe do Pilar -Patrona de Aragón- o Día da Hispanidade de 2004.

A Festa Nacional de España ou Día da Hispanidade (Festa Nacional d'Espanya, en catalán e valenciano; Fiesta Nacional de España, en castelán; Espainiako Jai Nazionala, en vasco) conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de España e o nacemento do Imperio Español.

Celebración

A celebración ten lugar cada 12 de outubro, onde se celebra un desfile militar na Praza de Colón de Madrid no que asisten o Rei xunto á Familia Real e os representantes máis importantes de todos os poderes do Estado, ademais da maioría dos presidentes das autonomías españolas.

O Descubrimento de América en 1492 foi transcendental para o país iniciando un período de imposición lingüística e cultural en América. Todo iso ocorreu nunha época onde estaba finalizando o proceso de construción do Estado actual, coa integración dos diferentes reinos peninsulares nun único reino.

Coa chegada de Cristóbal Colón a América haberá un período de conquistas as cales darán froito ao nacemento do Imperio Español, imperio que duraría desde o ano 1492 ata o ano 1898.