Diferenzas entre revisións de «Calendario hebreo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
 
=== Era do Segundo Templo ===
En tempos do [[Templo de Xerusalén#O Segundo Templo|Segundo Templo]], o principio de cada mes lunar era avisado por dúas testemuñas que vixiaban a saída da nova lúa. O patriarca [[Gamaliel II]] (c. 100) comparou estas contas cos debuxos das fases da lúa. Segundo a tradición, estas observacións foron feitas contra os cálculos da principal corte xudía, o [[Sanedrín]]. Se un segundo Adar era preciso ou non dependía da condición dos camiños que usaban as familias xudías para o [[Pésagh]], do número de años que debían ser sacrificados no templo e das espigas de cebada necesario para os primeiros froitos.
 
Unha vez decidido, o principio de cada mes era anunciado primeiro a outras comunidades con sinais de lume, mais dende que os samaritanos e unha facción dos saduceos comezou a acender falsos lumes, enviábase un mensaxeiro ou [[shaliagh]]. A imposibilidade de avisar a comunidades fóra de [[Israel]] ata un día despois levou a comunidades a celebrar festas de dous días no canto de un, tendo así un segundo día de [[diáspora xudía]] pola incerteza de se ese mes tiña 29 ou 30 días.
105.187

edicións

Menú de navegación