Wikipedia:Páxina de conversa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Sangría: de en.wp
Liña 23: Liña 23:

===Sangría===
===Sangría===
A sangría emprégase para facer a lectura máis doada e mellorar así o seguimento das conversas. Os comentarios levan sangría para sinalar que son respostas a outros comentarios.
{{Enuso}}

O modo de provocar a sangría é engadindo dous puntos (<tt>:</tt>) ao comezo da liña. Cantas máis veces repitas os signos de puntuación, máis sangría terá o teu texto.

O primeiro comentario dunha sección non vai con sangría. A partir de aí, o máis recomendable é darlle á túa resposta un nivel máis de sangrado ca o que ten o comentario feito pola persoa á que contestas.

A continuación hai un exemplo de debate nunha páxina de conversa onde se ve o uso da sangría. Á esquerda aparece o texto que se escribiría na caixa de edición, mentres que á dereita está o resultado.

{| border="1" cellpadding="6" cellspacing="0"

Que tal a sopa? --[[Usuario:Afonso]]
:Está moi boa!! --[[Usuario:Ana]]
::Fíxena eu! --[[Usuario:Afonso]]
Movamos a discusión a [[Conversa:Sopa]]. --[[Usuario:Ana]]
:Non estou de acordo. --[[Usuario:Xoán]]

Que tal a sopa? --[[Afonso]]

:Está moi boa!! --[[Ana]]

::Fíxena eu! --[[Afonso]]

Movamos a discusión a [[Conversa:Sopa]]. --[[Ana]]

:Non estou de acordo. --[[Xoán]]

==Formato==
==Formato==

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2011 ás 18:55

Para ler unha pequena introdución ao máis básico das páxinas de conversa véxase Axuda:Introdución ás páxinas de conversa.
Atallo:
WP:CONVERSA

Unha páxina de conversa, ás veces tamén chamada páxina de discusión, é unha páxina que os editores poden empregar para debater sobre as melloras que se poden facer nun artigo ou en calquera outra páxina da Wikipedia.

A páxina de conversa asociada a un artigo leva por nome "Conversa:Exemplo", onde "Exemplo" é o nome do artigo. Por exemplo, a páxina de conversa do artigo Australia será Conversa:Australia. Pola súa banda, as páxinas de conversa asociadas a páxinas noutros espazos de nomes engaden "Conversa" antes do espazo de nomes; por exemplo, a páxina de conversa de Wikipedia:Acerca de será Conversa Wikipedia:Acerca de.

As páxinas de usuario tamén teñen as súas páxinas de conversa asociadas (por exemplo, Conversa usuario:Agremon). Cando os outros editores queren poñerse en contacto contigo, o normal é que o fagan deixando unha mensaxe na túa páxina de conversa. Se alguén che deixou unha mensaxe verás un aviso informativo de cor laranxa decontado.

Acceso ás páxinas de conversa

A lapela da conversa.

As ligazóns que levan ata as páxinas de conversa están sinalizadas mediante unha lapela co texto "Conversa", localizada na parte superior das páxinas. Ao premeres sobre esta lapela cambias á páxina de conversa; funciona do mesmo xeito ca a meirande parte das páxinas presentes na Wikipedia: podes ollar o seu historial e editala se queres engadir un comentario ou expoñer unha dúbida.

Se a ligazón "Conversa" aparece en vermello significa que ninguén comezou aínda ningún fío de conversa. O sistema de lapelas serve tamén para regresar desde a páxina de conversa ata o artigo, ata a páxina de usuario ou ata calquera á que a conversa estea asociada.

Uso das páxinas de conversa

Seccións

Para comezar unha conversa sobre un tema novo, cree unha sección nova escribindo nunha liña isto: == Cabeceira ==, substituíndo "Cabeceira" por un título axeitado para o tema que se vai tratar. Cómpre lembrar que as novas discusións van ao final da páxina. Tamén podes empregar a lapela co texto "Engadir un novo comentario", na parte superior, que fai todo iso automaticamente.

Para seguir o fío dunha conversa en progreso, engade o teu comentario debaixo da última entrada na conversa. Se o que queres é responder á intervención doutro usuario, sitúa a túa resposta directamente debaixo desa. Ao levar a cabo estas prácticas, ten en conta os consellos sobre o uso de sangría, expostos máis abaixo.

Asina as mensaxes

Deberías asinar as túas intervencións en todas as páxinas de conversa. O xeito máis cómodo de facelo é escribindo catro tiles (~~~~) ao final do comentario ou premer no botón coa sinatura () presente na caixa de edición. Isto converterá automaticamente o código nunha sinatura co teu nome de usuario e a data e mais a hora. (O estilo da túa sinatura pódelo cambiar nas preferencias.)

Sangría

A sangría emprégase para facer a lectura máis doada e mellorar así o seguimento das conversas. Os comentarios levan sangría para sinalar que son respostas a outros comentarios.

O modo de provocar a sangría é engadindo dous puntos (:) ao comezo da liña. Cantas máis veces repitas os signos de puntuación, máis sangría terá o teu texto.

O primeiro comentario dunha sección non vai con sangría. A partir de aí, o máis recomendable é darlle á túa resposta un nivel máis de sangrado ca o que ten o comentario feito pola persoa á que contestas.

A continuación hai un exemplo de debate nunha páxina de conversa onde se ve o uso da sangría. Á esquerda aparece o texto que se escribiría na caixa de edición, mentres que á dereita está o resultado.

Que tal a sopa? --[[Usuario:Afonso]]
:Está moi boa!! --[[Usuario:Ana]]
::Fíxena eu! --[[Usuario:Afonso]]
Movamos a discusión a [[Conversa:Sopa]]. --[[Usuario:Ana]]
:Non estou de acordo. --[[Usuario:Xoán]]

Que tal a sopa? --Afonso

Está moi boa!! --Ana
Fíxena eu! --Afonso

Movamos a discusión a Conversa:Sopa. --Ana

Non estou de acordo. --Xoán

Formato

O software que está detrás do wiki permite moitos estilos de formato. Nos artigos principais vaise adecuando o texto conforme se fai editando pero, como nas páxinas de conversa non se editan os comentarios dos usuarios anteriores, convén seguir desde o principio unhas convencións que permitan a lectura doada e seguir o desenvolvemento das ideas.

• Escribe sempre na parte inferior da páxina de conversa ou da sección sobre a que queiras comentar, non antes. Nesta wikipedia asumimos que a sucesión cronolóxica dentro de cada sección vai de arriba a abaixo. Non empeces unha sección nova ao principio da páxina de conversa: non será máis visíbel porque o usuario lerá sempre a mensaxe que lle escribas por causa do aviso que se lle mostra.
• Comeza unha sección nova para tratar un tema novo: non trates doutra cousa porque entón o fío discursivo perderase. Tampouco inicies unha sección nova se xa existe: a conversa fragmentarase e non todos lerán os mesmos argumentos.
• Cando respostes a unha mensaxe podes facer de varias maneiras:
• colocar dous puntos (':') antes. Cada dous puntos representa un salto de tabulador.
• colocar un asterisco (*) antes: O asterisco crea unha lista. Este é actualmente o procedemento máis seguido na Galipedia.

Un exemplo do primeiro é o seguinte:

Que tal o leite? --[[Bob]]
:Moi ben!! --[[Lisa]]
:Non está mal. --[[George]]
::Fíxeno eu! --[[Bob]]
Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse a [[Conversa:Leite]]. --[[Lisa]]
:Non estou de acordo. --[[George]]

Que produciría algo así:

Que tal o leite? --Bob

Moi ben!! --Lisa
Non está mal. --George
Fíxeno eu! --Bob

Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse a Conversa:Leite. --Lisa</nowiki>

Non estou de acordo. --George

Ten mensaxes novas

Despois de que alguén edite a súa páxina de conversa de usuario, verás automaticamente unha alerta como a que aparece a continuación. Este aviso aparecerá en todas as páxinas que visites ata que leas a mensaxe que che deixaron.

• Se premes sobre "mensaxes novas" irás directamente á fin da túa páxina de conversa.
• Se premes sobre "diferenzas coa revisión anterior" verás as diferenzas que provocou a última edición.
Ten mensaxes novas (diferenzas coa revisión anterior).

Frecha. Volver á páxina de axuda.