Wikipedia:Páxina de conversa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:


==Uso das páxinas de conversa==
==Uso das páxinas de conversa==
===Seccións===
Deberías asinar as túas contribucións escribindo tres ou catro [[til]]es (AltGr+4):
Para comezar unha conversa sobre un tema novo, cree unha sección nova escribindo nunha liña isto: <tt>== Cabeceira ==</tt>, substituíndo "Cabeceira" por un título axeitado para o tema que se vai tratar. Cómpre lembrar que as novas discusións van ''ao final'' da páxina. Tamén podes empregar a lapela co texto "Engadir un novo comentario", na parte superior, que fai todo iso automaticamente.
*<nowiki>(~~~ = O teu nome de usuario)</nowiki>
*<nowiki>(~~~~ = O teu nome de usuario hora:minutos, día mes ano (UTC))</nowiki>.


Para seguir o fío dunha conversa en progreso, engade o teu comentario debaixo da última entrada na conversa. Se o que queres é responder á intervención doutro usuario, sitúa a túa resposta directamente debaixo desa. Ao levar a cabo estas prácticas, ten en conta os consellos sobre o uso de sangría, expostos máis abaixo.
Se vas tratar sobre o título da páxina ou propor que se xunte o contido co de outra páxina, menciona sempre a páxina actual: unha vez movida, as referencias a "este título" perderían sentido.


===Asina as mensaxes===
Nunha páxina de conversa, "esta páxina" refírese normalmente á páxina actual (ou sexa, a páxina á que está asociada a páxina de conversa). Se o que pretendes é falar da propia páxina de conversa, refírete a ela como "esta páxina de conversa".
Deberías [[Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa|asinar as túas intervencións]] en todas as páxinas de conversa. O xeito máis cómodo de facelo é escribindo catro tiles <nowiki>(<tt>~~~~</tt>)</nowiki> ao final do comentario ou premer no botón coa sinatura ([[Ficheiro:Insert-signature.png|link=|alt=]]) presente na caixa de edición. Isto converterá automaticamente o código nunha sinatura co teu nome de usuario e a data e mais a hora. (O estilo da túa sinatura pódelo cambiar nas [[Wikipedia:Preferencias de usuario|preferencias]].)


===Sangría===
O símbolo + que aparece ao lado de "editar esta páxina" permite que se cree unha sección automaticamente e pide xa un título.
{{Enuso}}

Non é aceptábel a práctica do "[[spam]]ming" ou "[[cross-posting]]", consistente en colocar mensaxes semellantes en varias páxinas de conversa, especialmente de usuarios, co propósito de solicitar algo. Non o fagas. Dálle tempo ao tempo.


==Formato==
==Formato==

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2011 ás 14:52

Para ler unha pequena introdución ao máis básico das páxinas de conversa véxase Axuda:Introdución ás páxinas de conversa.
Atallo:
WP:CONVERSA

Unha páxina de conversa, ás veces tamén chamada páxina de discusión, é unha páxina que os editores poden empregar para debater sobre as melloras que se poden facer nun artigo ou en calquera outra páxina da Wikipedia.

A páxina de conversa asociada a un artigo leva por nome "Conversa:Exemplo", onde "Exemplo" é o nome do artigo. Por exemplo, a páxina de conversa do artigo Australia será Conversa:Australia. Pola súa banda, as páxinas de conversa asociadas a páxinas noutros espazos de nomes engaden "Conversa" antes do espazo de nomes; por exemplo, a páxina de conversa de Wikipedia:Acerca de será Conversa Wikipedia:Acerca de.

As páxinas de usuario tamén teñen as súas páxinas de conversa asociadas (por exemplo, Conversa usuario:Agremon). Cando os outros editores queren poñerse en contacto contigo, o normal é que o fagan deixando unha mensaxe na túa páxina de conversa. Se alguén che deixou unha mensaxe verás un aviso informativo de cor laranxa decontado.

Acceso ás páxinas de conversa

A lapela da conversa.

As ligazóns que levan ata as páxinas de conversa están sinalizadas nunha lapela co "Conversa", localizada na parte superior das páxinas. Ao premeres sobre esta lapela cambias á páxina de conversa; funciona do mesmo xeito ca a meirande parte das páxinas presentes na Wikipedia: podes ollar o seu historial e editala se queres engadir un comentario ou expoñer unha dúbida.

Se a ligazón "Conversa" aparece en vermello significa que ninguén comezou aínda ningún fío de conversa. O sistema de lapelas serve tamén para regresar desde a páxina de conversa ata o artigo, páxina de usuario ou calquera á que estea asociada.

Uso das páxinas de conversa

Seccións

Para comezar unha conversa sobre un tema novo, cree unha sección nova escribindo nunha liña isto: == Cabeceira ==, substituíndo "Cabeceira" por un título axeitado para o tema que se vai tratar. Cómpre lembrar que as novas discusións van ao final da páxina. Tamén podes empregar a lapela co texto "Engadir un novo comentario", na parte superior, que fai todo iso automaticamente.

Para seguir o fío dunha conversa en progreso, engade o teu comentario debaixo da última entrada na conversa. Se o que queres é responder á intervención doutro usuario, sitúa a túa resposta directamente debaixo desa. Ao levar a cabo estas prácticas, ten en conta os consellos sobre o uso de sangría, expostos máis abaixo.

Asina as mensaxes

Deberías asinar as túas intervencións en todas as páxinas de conversa. O xeito máis cómodo de facelo é escribindo catro tiles (<tt>~~~~</tt>) ao final do comentario ou premer no botón coa sinatura () presente na caixa de edición. Isto converterá automaticamente o código nunha sinatura co teu nome de usuario e a data e mais a hora. (O estilo da túa sinatura pódelo cambiar nas preferencias.)

Sangría

Formato

O software que está detrás do wiki permite moitos estilos de formato. Nos artigos principais vaise adecuando o texto conforme se fai editando pero, como nas páxinas de conversa non se editan os comentarios dos usuarios anteriores, convén seguir desde o principio unhas convencións que permitan a lectura doada e seguir o desenvolvemento das ideas.

  • Escribe sempre na parte inferior da páxina de conversa ou da sección sobre a que queiras comentar, non antes. Nesta wikipedia asumimos que a sucesión cronolóxica dentro de cada sección vai de arriba a abaixo. Non empeces unha sección nova ao principio da páxina de conversa: non será máis visíbel porque o usuario lerá sempre a mensaxe que lle escribas por causa do aviso que se lle mostra.
  • Comeza unha sección nova para tratar un tema novo: non trates doutra cousa porque entón o fío discursivo perderase. Tampouco inicies unha sección nova se xa existe: a conversa fragmentarase e non todos lerán os mesmos argumentos.
  • Cando respostes a unha mensaxe podes facer de varias maneiras:
    • colocar dous puntos (':') antes. Cada dous puntos representa un salto de tabulador.
    • colocar un asterisco (*) antes: O asterisco crea unha lista. Este é actualmente o procedemento máis seguido na Galipedia.

Un exemplo do primeiro é o seguinte:

Que tal o leite? --[[Bob]]
:Moi ben!! --[[Lisa]]
:Non está mal. --[[George]]
::Fíxeno eu! --[[Bob]]
Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse a [[Conversa:Leite]]. --[[Lisa]]
:Non estou de acordo. --[[George]]

Que produciría algo así:

Que tal o leite? --Bob

Moi ben!! --Lisa
Non está mal. --George
Fíxeno eu! --Bob

Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse a Conversa:Leite. --Lisa</nowiki>

Non estou de acordo. --George

Ten mensaxes novas

Despois de que alguén edite a súa páxina de conversa de usuario, verás automaticamente unha alerta como a que aparece a continuación. Este aviso aparecerá en todas as páxinas que visites ata que leas a mensaxe que che deixaron.

  • Se premes sobre "mensaxes novas" irás directamente á fin da túa páxina de conversa.
  • Se premes sobre "diferenzas coa revisión anterior" verás as diferenzas que provocou a última edición.
Ten mensaxes novas (diferenzas coa revisión anterior).

Frecha. Volver á páxina de axuda.