Wikipedia:Páxina de conversa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
algunha reforma (contidos de en.wp)
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
:''Para ler unha pequena introdución ao máis básico das páxinas de conversa véxase [[Axuda:Introdución ás páxinas de conversa]].''
:''Para ler unha pequena introdución ao máis básico das páxinas de conversa véxase [[Axuda:Introdución ás páxinas de conversa]].''
{{Atallo|WP:CONVERSA}}
Unha '''páxina de conversa''', ás veces tamén chamada '''páxina de discusión''', é unha páxina que os editores poden empregar para debater sobre as melloras que se poden facer nun artigo ou en calquera outra páxina da Wikipedia.
Unha '''páxina de conversa''', ás veces tamén chamada '''páxina de discusión''', é unha páxina que os editores poden empregar para debater sobre as melloras que se poden facer nun artigo ou en calquera outra páxina da Wikipedia.



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2011 ás 13:48

Para ler unha pequena introdución ao máis básico das páxinas de conversa véxase Axuda:Introdución ás páxinas de conversa.
Atallo:
WP:CONVERSA

Unha páxina de conversa, ás veces tamén chamada páxina de discusión, é unha páxina que os editores poden empregar para debater sobre as melloras que se poden facer nun artigo ou en calquera outra páxina da Wikipedia.

A páxina de conversa asociada a un artigo leva por nome "Conversa:Exemplo", onde "Exemplo" é o nome do artigo. Por exemplo, a páxina de conversa do artigo Australia será Conversa:Australia. Pola súa banda, as páxinas de conversa asociadas a páxinas noutros espazos de nomes engaden "Conversa" antes do espazo de nomes; por exemplo, a páxina de conversa de Wikipedia:Acerca de será Conversa Wikipedia:Acerca de.

As páxinas de usuario tamén teñen as súas páxinas de conversa asociadas (por exemplo, Conversa usuario:Agremon). Cando os outros editores queren poñerse en contacto contigo, o normal é que o fagan deixando unha mensaxe na túa páxina de conversa. Se alguén che deixou unha mensaxe verás un aviso informativo de cor laranxa decontado.

Acceso ás páxinas de conversa

A lapela da conversa.

As ligazóns que levan ata as páxinas de conversa están sinalizadas nunha lapela co "Conversa", localizada na parte superior das páxinas. Ao premeres sobre esta lapela cambias á páxina de conversa; funciona do mesmo xeito ca a meirande parte das páxinas presentes na Wikipedia: podes ollar o seu historial e editala se queres engadir un comentario ou expoñer unha dúbida.

Se a ligazón "Conversa" aparece en vermello significa que ninguén comezou aínda ningún fío de conversa. O sistema de lapelas serve tamén para regresar desde a páxina de conversa ata o artigo, páxina de usuario ou calquera á que estea asociada.

Uso das páxinas de conversa

Deberías asinar as túas contribucións escribindo tres ou catro tiles (AltGr+4):

  • (~~~ = O teu nome de usuario)
  • (~~~~ = O teu nome de usuario hora:minutos, día mes ano (UTC)).

Se vas tratar sobre o título da páxina ou propor que se xunte o contido co de outra páxina, menciona sempre a páxina actual: unha vez movida, as referencias a "este título" perderían sentido.

Nunha páxina de conversa, "esta páxina" refírese normalmente á páxina actual (ou sexa, a páxina á que está asociada a páxina de conversa). Se o que pretendes é falar da propia páxina de conversa, refírete a ela como "esta páxina de conversa".

O símbolo + que aparece ao lado de "editar esta páxina" permite que se cree unha sección automaticamente e pide xa un título.

Non é aceptábel a práctica do "spamming" ou "cross-posting", consistente en colocar mensaxes semellantes en varias páxinas de conversa, especialmente de usuarios, co propósito de solicitar algo. Non o fagas. Dálle tempo ao tempo.

Formato

O software que está detrás do wiki permite moitos estilos de formato. Nos artigos principais vaise adecuando o texto conforme se fai editando pero, como nas páxinas de conversa non se editan os comentarios dos usuarios anteriores, convén seguir desde o principio unhas convencións que permitan a lectura doada e seguir o desenvolvemento das ideas.

  • Escribe sempre na parte inferior da páxina de conversa ou da sección sobre a que queiras comentar, non antes. Nesta wikipedia asumimos que a sucesión cronolóxica dentro de cada sección vai de arriba a abaixo. Non empeces unha sección nova ao principio da páxina de conversa: non será máis visíbel porque o usuario lerá sempre a mensaxe que lle escribas por causa do aviso que se lle mostra.
  • Comeza unha sección nova para tratar un tema novo: non trates doutra cousa porque entón o fío discursivo perderase. Tampouco inicies unha sección nova se xa existe: a conversa fragmentarase e non todos lerán os mesmos argumentos.
  • Cando respostes a unha mensaxe podes facer de varias maneiras:
    • colocar dous puntos (':') antes. Cada dous puntos representa un salto de tabulador.
    • colocar un asterisco (*) antes: O asterisco crea unha lista. Este é actualmente o procedemento máis seguido na Galipedia.

Un exemplo do primeiro é o seguinte:

Que tal o leite? --[[Bob]]
:Moi ben!! --[[Lisa]]
:Non está mal. --[[George]]
::Fíxeno eu! --[[Bob]]
Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse a [[Conversa:Leite]]. --[[Lisa]]
:Non estou de acordo. --[[George]]

Que produciría algo así:

Que tal o leite? --Bob

Moi ben!! --Lisa
Non está mal. --George
Fíxeno eu! --Bob

Penso que a conversa sobre o leite debería trasladarse a Conversa:Leite. --Lisa</nowiki>

Non estou de acordo. --George

Frecha. Volver á páxina de axuda.