29.647
edicións
m (r2.7.1) (bot Modificado: sr:Википедија:Страница за разговор) |
(algunha reforma (contidos de en.wp)) |
||
:''Para ler unha pequena introdución ao máis básico das páxinas de conversa véxase [[Axuda:Introdución ás páxinas de conversa]].''
Unha '''páxina de conversa''', ás veces tamén chamada '''páxina de discusión''', é unha páxina que os editores poden empregar para debater sobre as melloras que se poden facer nun artigo ou en calquera outra páxina da Wikipedia.
A páxina de conversa asociada a un artigo leva por nome "Conversa:Exemplo", onde "Exemplo" é o nome do artigo. Por exemplo, a páxina de conversa do artigo [[Australia]] será [[Conversa:Australia]]. Pola súa banda, as páxinas de conversa asociadas a páxinas noutros [[Wikipedia:Espazo de nomes|espazos de nomes]] engaden "Conversa" antes do espazo de nomes; por exemplo, a páxina de conversa de [[Wikipedia:Acerca de]] será [[Conversa Wikipedia:Acerca de]].
==Acceso a unha páxina de conversa==▼
As [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxinas de usuario]] tamén teñen as súas páxinas de conversa asociadas (por exemplo, [[Conversa usuario:Agremon]]). Cando os outros editores queren poñerse en contacto contigo, o normal é que o fagan deixando unha mensaxe [[Especial:A miña conversa|na túa páxina de conversa]]. Se alguén che deixou unha mensaxe verás un [[#Ten mensaxes novas|aviso informativo de cor laranxa]] decontado.
[[Ficheiro:Wiki discussion tab-gl.PNG|thumb|right|A lapela da conversa.]]
As ligazóns que levan ata as páxinas de conversa están sinalizadas nunha lapela co "Conversa", localizada na parte superior das páxinas. Ao premeres sobre esta lapela cambias á páxina de conversa; funciona do mesmo xeito ca a meirande parte das páxinas presentes na Wikipedia: podes ollar o seu [[Wikipedia:Historial|historial]] e [[Wikipedia:Como editar unha páxina|editala]] se queres engadir un comentario ou expoñer unha dúbida.
Se a ligazón "Conversa" aparece en vermello significa que ninguén comezou aínda ningún fío de conversa. O sistema de lapelas serve tamén para regresar desde a páxina de conversa ata o artigo, páxina de usuario ou calquera á que estea asociada.
==Uso das páxinas de conversa==
|
edicións