María II de Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:포르투갈의 마리아 2세
Liña 68: Liña 68:
[[ja:マリア2世 (ポルトガル女王)]]
[[ja:マリア2世 (ポルトガル女王)]]
[[ka:მარია II (პორტუგალია)]]
[[ka:მარია II (პორტუგალია)]]
[[ko:포르투갈의 마리아 2세]]
[[mr:मारिया दुसरी, पोर्तुगाल]]
[[mr:मारिया दुसरी, पोर्तुगाल]]
[[nl:Maria II van Portugal]]
[[nl:Maria II van Portugal]]

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2011 ás 01:56

Raíña María II de Portugal

María II de Portugal (nada en Río de Xaneiro o 4 de abril de 1819 e falecida en Lisboa o 15 de novembro de 1853) foi raíña de Portugal, alcumada a Educadora. Nacida en Brasil, foi a única americana xefe de estado dun estado europeo.

Era a filla do rei Pedro IV de Portugal, tamén emperador de Brasil co nome de Pedro I, e da súa primeira esposa a archiduquesa Maria Leopoldina Josefa Carolina de Austria. Foi a segunda e última muller que logrou acceder ao trono de Portugal.

Ascenso ao trono

Artigo principal: Guerras Liberais.

En marzo de 1826 morreu o rei Xoán VI, o que provocou unha crise de sucesión no país. O seu herdeiro, Pedro IV, proclamouse emperador de Brasil en 1822. Xoán tiña outro fillo Miguel, pero estaba exiliado en Austria logo de liderar unha serie de levantamentos contra o seu pai e o seu réxime liberal.

O rei designou á súa filla preferida, Isabel María, rexente ata que o seu "herdeiro lexítimo regresase ao país". Pero xamais especificou quen era ese herdeiro, se era Pedro o emperador, ou Miguel, o príncipe no exilio.

Advertido de que os seguidores do seu irmán estaba listos para colocar a Miguel no trono, Pedro abdicou en favor da súa filla maior, María da Gloria, que só tiña sete anos de idade, coa condición de que casase co seu tío Miguel e de que este aceptase a Constitución Liberal e exercese a rexencia ata que a súa sobriña alcanzase a maioría de idade.

Miguel simulou que aceptaba a proposta, pero ao chegar a Portugal, derrocou a María e proclamouse a si mesmo rei, abolindo a constitución liberal. Durante o reinado do seu esposo, María percorreu diversas cortes europeas, incluíndo a do seu avó en Viena así como Londres e París.

Pedro abdicou do trono brasileiro en 1831 en favor do seu fillo Pedro de Alcántara, e desde a súa base nas Azores atacou a Miguel, obrigándoo a abdicar en 1834. María II retomou a coroa e conseguiu a anulación do matrimonio co seu tío.

Reinado

O 26 de xaneiro de 1835, con 15 anos de idade, casou con Carlos, duque de Leuchtenberg, fillo de Eugène de Beauharnais e neto da emperatriz Xosefina. Carlos morreu o 28 de marzo dese mesmo ano, dous meses logo da voda.

O 1 de xaneiro de 1836, María casou co príncipe Fernando de Saxonia Coburgo Gota que gobernou como rei consorte. Recibiu o título, de acordo coa tradición portuguesa, ao nacer o seu primeiro fillo, o herdeiro.

O reinado de María II enfrontouse a unha insurrección o 16 de maio de 1846, que foi sofocada polas tropas realistas o 22 de febreiro de 1847. Promulgouse unha acta ditada para asegurar a saúde pública que evitou que se expandise o cólera polo país. Ademais apoiou políticas que fomentaban o aumento do nivel educativo da poboación.

Tras diversos embarazos e partos, os médicos informaron a María II do perigo que supuña para a súa saúde dar a luz a un fillo por ano. María non fixo caso das advertencias e morreu ao dar a luz ao príncipe Uxío en 1853.

Trazos da súa personalidade

A raíña María II é recordada como unha nai exemplar e unha persoa agradable que actuou sempre segundo as súas conviccións, intentando axudar ao seu país. Máis tarde recibiu o alcume de a boa nai.

Ligazóns externas


Predecesor:
Pedro IV
 raíña de Portugal 
1826-1828
Sucesor:
Miguel I
Predecesor:
Miguel I
 raíña de Portugal 
1834-1853
Sucesor:
Pedro V