El Masnou: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fr:El Masnou
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Infcidade
[[Ficheiro:Chiesa El Masnou.jpg|thumb|200px|Igrexa do Masnou]]'''El Masnou''' é un concello da costa do [[Maresme]], na [[provincia de Barcelona]], [[Cataluña]]. Está situado a 17 km ao nordés de [[Barcelona]], entre os termos municipais de [[Montgat]] e [[Premià de Mar]]. Ten unha poboación de 22.066 habitantes.
|escudo = [[Ficheiro:Escut del Masnou.svg|80px]]
|bandeira = [[Ficheiro:Bandera del Masnou.svg|140px]]
|situación = [[Ficheiro:Localització del Masnou respecte del Maresme.svg]]
|país = {{ESPb}} [[España]]
|división 1 = [[Comunidade autónoma]]
|nome división 1 = {{CATb}} [[Cataluña]]
|división 2 = [[Provincias de España|Provincia]]
|nome división 2 = [[Provincia de Barcelona|Barcelona]]
|división 3 = [[Comarcas de Cataluña|Comarca]]
|nome división 3 = [[Maresme]]
|altitude = 27
|superficie = 3,44
|poboación = 22.536 hab. ([[2010]])
|densidade = 6.551,16 hab/km²
|xentilicio = Masnoví, masnovina
|código postal = 08172-08173
|alcalde = Eduard Gisbert i Amat
|sitio web = [http://www.elmasnou.net www.elmasnou.net]
}}
[[Ficheiro:Chiesa El Masnou.jpg|thumb|200px|Igrexa do Masnou]]'''El Masnou''' é un concello da costa do [[Maresme]], na [[provincia de Barcelona]], [[Cataluña]]. Está situado a 17 km ao nordés de [[Barcelona]], entre os termos municipais de [[Montgat]] e [[Premià de Mar]]. Ten unha poboación de 22.536 habitantes.


== Historia ==
== Historia ==
Liña 36: Liña 56:
* [[Ricky Rubio]], xogador de baloncesto (n. [[1990]]).
* [[Ricky Rubio]], xogador de baloncesto (n. [[1990]]).


== Ligazóns externas ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.elmasnou.net/ Páxina do concello (en catalán)]
{{Commonscat}}
* [http://www.poblesdecatalunya.cat/municipi.php?m=081189 Patrimonio histórico-artístico de El Masnou]
* [http://www.elmasnou.net/ Páxina do concello] {{ca}}
* [http://www.poblesdecatalunya.cat/municipi.php?m=081189 Patrimonio histórico-artístico de El Masnou] {{ca}}

[[Categoría:Concellos de Barcelona|Masnou]]
[[Categoría:Concellos de Barcelona|Masnou]]



Revisión como estaba o 11 de xuño de 2011 ás 19:24

Modelo:Infcidade

Igrexa do Masnou

El Masnou é un concello da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Está situado a 17 km ao nordés de Barcelona, entre os termos municipais de Montgat e Premià de Mar. Ten unha poboación de 22.536 habitantes.

Historia

O actual termo municipal do Masnou pertenceu, antigamente, a Sant Fèlix de Alella e a Sant Martí de Teià, pobos lindeiros relativamente afastados do mar para protexerse dos ataques dos piratas. A súa poboación vivía da agricultura e a pesca e, na praia establecéronse as comunidades de pescadores. Contaba con estaleiros propios onde se construían grandes veleiros e embarcacións de pesca.

Co paso do tempo foron construíndose masías fortificadas próximas á praia e, a partir de 1812, coa proclamación da Constitución Liberal, a vila puido escoller alcalde. No entanto, a segregación e independencia do Masnou respecto de Teià non se produciu ata 1825. O novo municipio incorporou o barrio de Ocata e, posteriormente, en 1846 o barrio de Alella del Mar, chamado tamén Cases del Mar.

El Masnou conserva ata o día de hoxe os títulos de "Vila Benéfica" concedido en 1902 polo rei Afonso XIII, con motivo da construción dun asilo benéfico (a Casa Benéfica) e o de "Ilustrísima Vila", concedido en 1909, tamén por Afonso XIII, pola construción, sen axuda ningunha, da Escola Nacional (actual escola de Ocata).

El Masnou foi lugar de veraneo para a alta burguesía catalá que deixou o seu sinal nos diversos chalés e "torres" construídos durante os séculos XIX e XX.

Economía

Na actualidade, a agricultura desapareceu case por completo. Outrora estaba dedicada ao cultivo de froitas, hortalizas e verduras. Actualmente, o seu principal e case único cultivo é o da flor, especialmente o caravel que se exporta a case toda Europa.

A industria é máis importante. Predomina o sector do téxtil (xéneros de punto), encabezadas pola compañía DOGI. Hai tamén industrias dedicadas á construción, á cerámica, ao vidro (Ramón Clemente) e produtos farmacéuticos (Alcon-Cusí).

Festividades

Edificios históricos e de interese

  • Casa de la Vila, de estilo neoclásico do arquitecto Miquel Garriga i Roca.
  • Museu Cusí de Farmàcia.
  • Casa Benèfica, de estilo modernista.
  • Casa del Marquès de Masnou, de estilo neoclásico.
  • Casino, edificio modernista con algúns elementos eclécticos.
  • Casa de Cultura, tamén de estilo modernista.
  • CEIP Ocata, interesante adaptación do estilo modernista a instalacións de uso público.
  • Museu Municipal de la Nàutica del Masnou. Está situado no actual Edifici Centre.

Masnovins ilustres

Véxase tamén

Ligazóns externas