Rubens Barrichello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Liña 45: Liña 45:
[[ar:روبنز باركيلو]]
[[ar:روبنز باركيلو]]
[[ast:Rubens Barrichello]]
[[ast:Rubens Barrichello]]
[[be:Рубенс Барыкела]]
[[bg:Рубенс Барикело]]
[[bg:Рубенс Барикело]]
[[bs:Rubens Barrichello]]
[[bs:Rubens Barrichello]]

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2011 ás 15:27

Modelo:Piloto F1

Rubens Barrichello, nado en São Paulo o 23 de maio de 1972, é un piloto Brasileiro de Fórmula 1.

Traxectoria

Rubinho subiu por primeira vez na súa vida a un kart con 9 anos. Permaneceu na categoría até 1989, conseguindo 5 títulos de campión. O último ano compartiuno coa súa participación na Fórmula Ford 1600 de Brasil, na cal rematou cuarto.

No 1990 participou na Fórmula Vauxhall pero non obtivo moi bos resultados, polo que decidiu decantarse pola Fórmula 3000 inglesa, na que quedou primeiro despois de competir con un poderoso David Coulthard.

Desexando entrar xa na Fórmula 1, Rubens tivo que conformarse con seguir na F3 un ano máis, no cal rematou terceiro e, grazas a ese positivo resultado, Jordan contratouno para que cumprira o soño de calquera piloto: correr na máxima categoría.

O seu primeiro ano na Fórmula 1 non foi como todos esperaban, en parte porque o monopraza que tiña non era dos mellores. Tan só obtivo 2 puntos en toda a temporada e rematou nun noveno posto.

Grazas á experiencia que acadara no ano anterior, o manexo do monopraza foi mellorando no 1994. Aínda que, ese mesmo ano, en Imola, tivo un accidente nos adestramentos bastante grave no que lle salvaron a vida os médicos. A pesar da súa sorte de seguir vivo, a súa moral seguiu polo chan xa que, dous días despois de sufrir el o accidente morría Ayrton Senna, o seu ídolo e mentor. Ese ano, a pesar de todo o que lle pasou, rematou nun honorable sexto posto na clasificación de pilotos.

Nos dous anos seguintes continuou na mesma escudería, obtendo, respectivamente, un 11º con 11 puntos e un 8º posto con 14. Logo, xa no 1997, por diferenzas entre el e Eddie Jordan, o xefe da súa escudería, cambiouse a Stewart. Estivo tres anos nesa escudería, tres anos nefastos para a súa carreira automobilística, xa que os monoprazas non se caracterizaban polo seu gran motor e a súa potencia.

No 2001 firmou contrato con Ferrari e pasou a ser compañeiro de Michael Schumacher. Ese ano quedou terceiro, os dous seguintes cuarto e os dous posteriores segundo, sempre á sombra de Schumacher que, até o día de hoxe, foi o invencible da Fórmula 1.

Datos persoais

Actualmente comparte o seu lugar de nacemento con Montecarlo, onde tamén reside polo seu traballo. Pesa 77 quilos e mide 1'72 metros. Está casado e ten un fillo.