Día dos Namorados: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado: et:Valentinipäev
Liña 56: Liña 56:
[[eo:Sankt-Valentena tago]]
[[eo:Sankt-Valentena tago]]
[[es:Día de San Valentín]]
[[es:Día de San Valentín]]
[[et:Valentinipäev]]
[[fa:روز والنتاین]]
[[fa:روز والنتاین]]
[[fi:Ystävänpäivä]]
[[fi:Ystävänpäivä]]

Revisión como estaba o 8 de xuño de 2011 ás 11:58

Unha postal do 1910.

O Día dos namorados, tamén chamado de San Valentín (14 de febreiro) que é o santo patrón dos namorados e dos apicultores, invocase tamén contra a peste. Valentín era un médico que se converteu en sacerdote na Roma do III século.

Referencias a Valentín

Cando se fala de San Valentín, hai referencias a tres persoas:

  • No ano 268, o emperador Claudio II atopaba que os homes casados non facían bos soldados debido á súa dependencia coa familia, e decidiu suprimir o matrimonio. Mais os novos noivos seguiron acudindo a Valentín, secretamente, para recibir a bendición do matrimonio. Entón o sacerdote detíverono e prendérono. Durante o seu cativerio, Valentín vinculouse de amizade con Xulia, a rapaza do seu carcereiro, unha moza cega. E produciuse un milagre: a rapaza recuperou a vista. Este milagre realizouse exactamente despois de ofrecerlle unhas follas con a forma de corazón e coa seguinte mensaxe: «Do teu Valentín»... Morre mártir, decapitado en Roma no ano 270, e enterrouse na Vía Flaminiana, onde se lle volveu a facer culto.
  • Outro Valentín era bispo de Terni, preto de Roma en Umbria. Mártir el tamén, foi decapitado en Roma pero no ano 273, ainda que non é moi seguro que fora baixo Claudio II.
  • Menciónase tamén a existencia dun terceiro Valentín, bispo de Rhétie, polo V século... a identidade de San Valentín segue sendo vaga. É difícil hoxe saber con certeza o cal pode reivindicar ser o santo patrón.

Con todo, pouco se sabe sobre as vidas destes tres homes. Moitas das lendas que os rodean actualmente foron probablemente inventadas durante a Idade Media en Francia e Inglaterra, cando o día festivo de 14 de febreiro empezou a ser asociado co amor, a raíz da historia de San Valentín, que sería executado un 14 de febreiro ao non querer renunciar ao cristianismo, e casar parellas en segredo despois de que o matrimonio fose prohibido polo emperador Claudio II. Outra lenda di que é patrón dos namorados porque a súa festa coincide co momento do ano en que os paxaros empezan a apreixarse e comezan a facer os niños.

A San Valentín dende 494

Nestes tempos celebrábase a festa dos Lupercales, unha festa de purificación que tiña lugar en Roma o 15 de febreiro (é dicir, ao final do ano romano, que comezaba o 1 de marzo), 12 luperques, sacerdotes de Faunus, sacrificaban un chibo ao seu deus na gruta do Lupercal (ao pé do Palatino) onde, segundo a lenda, a loba aleitara aos irmáns Rómulo e Remo

No ano 494, o Papa san Xelasio I (492-496), prohibe e condena esta festa pagá. Elixe Valentín de Terni como santo patrón dos noivos e namorados, e publica que se lle consagraría esta data (o 14 de febreiro, día da súa festa). Logo en 1969 sería borrada esta festividade do calendario eclesiástico, mais ainda sigue celebrandose localmente por algunhas parroquias.

En moitos países chámaselle o Día dos Namorados. Particularmente en Colombia, por motivos comerciais, esta festa celébrase o terceiro fin de semana de setembro e coñécese como Día do Amor e a Amizade.

Na actualidade, celébrase mediante o intercambio de notas de amor coñecidas como valentiños, con símbolos como a forma simbólica do corazón e Cupido. Desde o século XIX introduciuse o intercambio de tarxetas producidas masivamente. A esta práctica sumouse o dar outro tipo de agasallos como rosas e chocolates, normalmente regalados ás mulleres polos homes. En Estados Unidos, esta celebración tamén se empezou a asociar cun saúdo amor platónico de Happy Valentine's, enviado polos homes ás súas amigas -raramente aos seus amigos-. Tipicamente occidental, pois se remonta á Antiga Grecia e a Roma, o Día de San Valentín estendeuse a outros países, como Xapón,China e Taiwán.

Festividade nos países non occidentais

Na República popular da China e en Taiwán, desde os anos 80, o dia dos namorados ten un renome moi importante, en particular nos rapaces, que xera distintas actividades comerciais. Ademais, existe unha festa tradicional para os namorados procedente dunha lenda antiga, cuxa data é o 7 do sétimo mes do calendario lunar.

No Xapón, a aparición do San Valentín débese a un fenómeno comercial. Ese día, as mulleres ofrecen chocolates aos homes que a elas lles gustan (sexan familiares, amigos ou compañeiros de traballo). Esta práctica converteuse nunha obrigación para moitas mulleres, en particular as empregadas de oficina, que deben ofrecer chocolates a todos os seus colegas masculinos, ás veces a un custo moi elevado (estes chocolates por outra banda chámanse os Giri Choco, é dicir, "chocolates de obrigación"). O 14 de marzo, chamado Día Branco, é o día en que os homes teñen que ofrecer unha roupa branca ás que lles ofreceron chocolates, aínda que logo satisfanse xeralmente cun agasallo unicamente á súa moza. A nova rapariga pode esixir con este motivo un presente ao seu gusto, cuxo valor pode ser tres veces superior ao custo dos chocolates ofrecidos un mes antes.

O San Valentín popularizouse tamén na India, en Pakistán e ata en Arabia Saudita, onde é a causa de hostilidade dalgúns grupos opostos a esta influencia "occidental"[1].

A festividade eclesiástica

Artigo principal: Valentín de Terni.

Notas