Mario Chalmers: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Mario Čālmers |
|||
Liña 112: | Liña 112: | ||
[[it:Mario Chalmers]] |
[[it:Mario Chalmers]] |
||
[[ja:マリオ・チャルマーズ]] |
[[ja:マリオ・チャルマーズ]] |
||
[[lv:Mario Čālmers]] |
|||
[[pt:Mario Chalmers]] |
[[pt:Mario Chalmers]] |
||
[[ru:Чалмерс, Марио]] |
[[ru:Чалмерс, Марио]] |
Revisión como estaba o 8 de xuño de 2011 ás 07:49
Miami Heat – No. 6 | |
Posición | Base |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 19 de maio de 1986 (37 anos) Anchorage, Alasca |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Salario | 773.500 $ |
Información da carreira | |
Instituto | Bartlett, Anchorage |
Universidade | Kansas |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 34 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | dende 2008 |
Información en nba.com |
Almario Vernard "Mario" Chalmers, nado o 19 de maio de 1986 en Anchorage, Alasca, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que dende a tempada 2008-09 pertence ao cadro dos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Mide 1,85 metros de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da NCAA e elixido Mellor xogador da Final Four en 2008, antes de dar o salto á liga profesional.
Universidade
Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre Arizona e Kansas, decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un record da Big 12 Conference de maior número de roubos de balón nunha tempada por un freshman, con 89.[1] Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara o título de conferencia. Recibiu o Premio Clyde Lovellette da Universidade de Kansas xunto con Julian Wright ao xogador máis mellorado da tempada.[2]
Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o record dos Jayhawks de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluido no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.
Na súa tempada junior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á Universidade de Memphis, na cal tivo una gran actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.[3] Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os Jayhawks aos Tigers por 75-68.[4] Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[5]
Estatísticas
TEMPADA | P | MIN | PTS | REB | ASIS | PER | A/P | ROUB |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005-2006 | 33 | 26.0 | 11.5 | 2.2 | 3.8 | 2.8 | 1.37 | 2.7 |
2006-2007 | 38 | 29.2 | 12.2 | 3.0 | 3.3 | 2.4 | 1.36 | 2.6 |
2007-2008 | 39 | 30.0 | 12.8 | 3.1 | 4.3 | 1.9 | 2.25 | 2.5 |
NBA
Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2008 polos Minnesota Timberwolves, no posto 34º, pero Miami Heat fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de dólares e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co clube de Florida por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.[6]
Tempada 2008-09
Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie[7] e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.[8] Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o lider de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.
O 5 de novembro de 2008, Chalmers fixo un record para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.[9]
Tempada 2009-10
Chalmers xogou todos os partidos ata o 31 de xaneiro contra os Milwaukee Bucks. Foi o primeiro partido que se perdeu nos seus dous anos de carreira. Fixo 7.1 puntos e 3.4 asistencias por partidos. O 31 de xaneiro de 2010, Chalmers lesionouse un ligamento no dedo pulgar do pé.[10] Chalmers voltou ao equipo semanas despois, e xogou o resto de partidos da tempada e dos playoffs.
Cambio de número
O 8 de xullo de 2010, cando LeBron James anunciou que ía xogar nos Miami Heat, Chalmers cambiou o seu número, e escolleu o 15, o número que usaba na Universidade. James fíxose co número 6 que antes tiña Chalmers.[11]
Referencias
- ↑ Mario Chalmers Prospect Profile
- ↑ Mario Chalmers Bio
- ↑ Kansas vs. Memphis - Box Score - April 07, 2008
- ↑ KU - The Shot
- ↑ Ficha de Chalmers en TDR
- ↑ Chalmers signs deal with Heat. Miami rewards KU product with 3-year contract,
- ↑ Chalmers 'earned' shot at 82 starts
- ↑ Mario Chalmers Career Stats
- ↑ ESPN "Chalmers gets team-record nine steals in win over Sixers", 6 de novembro de 2008.
- ↑ "Heat's Chambers out indefinitly with thumb injury". NBA.com. Consultado o 2010-02-01. Texto "2010-01-31 " ignorado (Axuda)
- ↑ http://www.kansascity.com/2010/07/10/2075203/with-uncertainty-behind-chalmers.html