Península de Arabia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: so:Jasiirad Dhuleedka Carabta
Liña 33: Liña 33:
[[bcl:Arabong Peninsula]]
[[bcl:Arabong Peninsula]]
[[be:Аравійскі паўвостраў]]
[[be:Аравійскі паўвостраў]]
[[be-x-old:Арабійская паўвыспа]]
[[be-x-old:Арабійскі паўвостраў]]
[[bg:Арабски полуостров]]
[[bg:Арабски полуостров]]
[[br:Arabia]]
[[br:Arabia]]

Revisión como estaba o 8 de xuño de 2011 ás 02:36

Vista satélite da península arabiga.

A Arabia é unha vasta península localizada en Oriente medio, na xunta de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.

A Arabia limita co Mar Vermello e mailo golfo de Aqaba ao suroeste, co mar Arábigo ao sueste e co golfo de Omán e mailo golfo Pérsico ao nordés.

Na actualidade está conformada polos seguintes países:

  • Arabia Saudí - 1.960.582 quilómetros cuadrados - 24.300.000 habitantes
  • Iemen - 527.970 quilómetros cuadrados - 20.000.000 habitantes
  • Omán - 212.460 quilómetros cuadrados - 3.000.000 habitantes
  • Emiratos Árabes Unidos - 83.600 quilómetros cuadrados - 3.500.000 habitantes
  • Qatar - 11.437 quilómetros cuadrados - 770.000 habitantes
  • Bahrain - 665 quilómetros cuadrados - 670.000 habitantes

Arabia Saudita é o país de maior superficie dentro da Arabia, por iso ás veces confúndese o nome da península completa con este país que, alén diso, exerce unha grande influencia sobre os seus viciños.

A rexión foi tradicionalmente habitada por pobos nómades, debido a que a escasez de auga e a aridez do chan, transforman a rexión nun lugar inhóspito para a agricultura. Durante moitos anos, a maior parte dos países que a compoñen estiveron atrasados en canto á tecnoloxía. No século XX, o achado de enormes reservas de petróleo e gas natural na península permitiu aos países fomentar un importante desenvolvemento económico, e as súas casas reais atopanse entre as máis ricas do mundo.

A pesar do crecemento debido á exportación do petróleo, a inestabilidade política da rexión e o aínda incipiente desenvolvemento das áreas económicas non relacionadas coa exploración de hidrocarburos fan perigar o futuro da rexión cando as reservas comecen a esgotarse.

A pesar dos avances, produto do petróleo, hoxe en día os beduínos continúan levando a súa vida errante, aínda que en moitos casos substituíran os camelos por vehículos con motor e moitos dos seus membros, que ven perigar o futuro desta forma de vida, emigraron ás cidades. Mesmo o propio goberno tratou de incentivar a estes grupos para que se asenten nalgunha urbanización.

Medina e A Meca, as dúas cidades sagradas do Islam atópanse na Arabia. Os musulmáns deben peregrinar a Meca ao menos unha vez na súa vida, polo cal cada ano chegan centos de millares de musulmáns de todo o mundo a visitar a cidade.